Kdda. de PENAS DE RODAS en Outeiro de Rei (Lugo) - 15/Xan/2017

Tema en 'Galicia' iniciado por JOLIN, 15 Ene 2017.

  1. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Hoxe os amigos dos Biciclistas Galegos contando coa colaboración de xente da zona organizou unha kedada para visitar as famosas Penas de Rodas no concello de Outeiro de Rei en Lugo.

    Saímos de Saavedra (Begonte), pasamos por Rábade e despois de coroar o único pico da zona visitamos os característicos penedos que polos meus cálculos debe pesar cada un unhas 200 toneladas polo que sempre me preguntei quen tivo webs de poñelos alí, sen dúbida que o seu traballo lle debeu costar.

    O día amaneceu fresco pois o termómetro andaba polos 2º asique, a falta de subidas, houbo que abrigarse ben e pedalear con ganas, logo na subida a Paraño xa o corpo foi collendo temperatura e o sol tamén axudou o seu. Baixada a fume de carozo aos penedos, fotos de rigor e volta a subir a Paraño por si algún aínda lle quedaba frío, avituallamento con bolos preñados e dulzainas de Codan para encarar o regreso ao punto de inicio casi todo por camiños e sendeiros tanto a carón do río Ladra como do Miño.

    Tocou acicalamento con auga quente de agradecer e logo comidón na Casa Varela de Damil especialistas en comida de aldea, onde nos obsequiou Dani con un menú que nos fixo repoñer as forzas gastadas e algunha máis pois a ruta, a pesares de que ten preto de 50 qm, sendo nas portas da Terra Chá, tampouco fixo moito desgaste no personal, conclusión: no saldo final gañamos quilos.

    Agradecer a xente que organizou e limpou e acondicionou algún tramo para que nos gozáramos dunha mañá percorrendo fermosos sendeiros como se ve na reportaxe fotográfica (picar na foto): Un saúdo.


    Panorama 8.JPG

    https://goo.gl/photos/qEc2oiqn824okSDz9
     
    • Me Gusta Me Gusta x 7
    Última edición: 15 Ene 2017
  2. artabron

    artabron Miembro Reconocido

    Registrado:
    7 Nov 2013
    Mensajes:
    230
    Me Gusta recibidos:
    535
    Sumo mi agradecimiento y mi enhorabuena a la de Jolin, y aquí dejo unas cuantas fotos más de la jornada:


    FOTOS

    .
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
  3. Ralku

    Ralku Miembro Reconocido

    Registrado:
    14 Ago 2013
    Mensajes:
    2.140
    Me Gusta recibidos:
    592
    Ubicación:
    Lu
    Strava:
    Moi boa cronica Jolin... Eu non puiden asistir por problemas técnicos pero xa vexo que o pasastedes de vicio
    E a ruta e preciosa, pese a estar as portas da Terra Cha ten a subida o geodesico de Paraños que non e ningunha tonteria
    Un saudo e espero que volvades a algunha cousiña destas por estas terras (ou que haxa que ir as vosas)
     
    • Me Gusta Me Gusta x 2
  4. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Gracias polo que me toca pero corresponde darllas os que curraron para nos desfrutar da ruta. Eu esa terra coñézoa ben non o dubides e cando haxa ocasión ahi estaremos.

    Por suposto que vos podedes dar por invitados si un día queredes coñecer algúnha ruta na zona da Coruña pois temos para tódolos gustos e tamaños, e será un auténtico pracer amosalas.

    Un saúdo.
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1

Compartir esta página