ruta cicloturista - 19 XUÑO. CORUÑA-MALPICA

Tema en 'Galicia' iniciado por rotor galego, 9 Jun 2010.

  1. rotor galego

    rotor galego Novato

    Registrado:
    28 Jun 2009
    Mensajes:
    1
    Me Gusta recibidos:
    0
    Ruta para pasar o Santo Hadrian en Malpica
    Para dormir esta o pavillón municipal de malpica. noite do 19 o 20.
    Son 60 km todo pola costa. VIra xente de toda condición e cada un irá o seu ritmo.
    Poderedes apuntarvos a unha cea que imos celebrar a noite do 19 e o bus de volta para o domingo.
    Haberá xente que volva, o 20, en bici e outros en bus.

    a organización so se responsabiliza e habilitar o espacio para durmir.

    ORDE DO DÍA PARA OS QUE SAIAN DE CORUÑA:

    09:00 Explanada do Estadio Riazor
    Antes de coller pista: Sesión de "Estira coa tua bici" a cargo dun especialista engañado para tal fin
    12:00 Reagrupamento nas terrazas de Caion
    13:00-14:00 Chegada e reagrupamento en Razo pra xantar o que levedes ou querades pillar nos bares da zona ou polo camiño

    16:00-19:00 Ruta Razo-Malpica

    ************ ********* ********* ********* ********* ********* ********* ********* **

    notas importantes:

    1. Temos que levar os nosos bultos e NON CONTAR con coche escoba
    2. Tendes que saber que o casco vai ser obligatorio en algunhos tramos e sempre recomendable, BUSCADE CASCO.
    3. Traede TAPONS para os oidos, o que ronca ainda non se apuntou pero e posible que acabe por vir.
    4. A cea reservarase o dia 16 como límite, a partires de ese dia non se garantiza poder convencer o hosteleiro de que poña un prato máis. Os veganos e vexetarianos que o indiquen no editgrid, na columna de comentarios, para ver que opciónshai.
    Buscarase o menú máis barato e xinxelo, con mais hidratos que grasa e máis viño que hidratos. Informaremos o largo da semana.
    5. O bus tamén, sobre o 16 ou 17 de xuño teremos que concretar. Un bus Travidi de 50 prazas sae por 180 euros. Pagarasé no momento. Poderase decidir a hora de volta e traer as bicis sen problema. O día 16, os que esten apuntados o bus decidiran se se contrata ou non.
    6. Os que volvan en bici poñeranse de acordo, se queren, para o retorno do domingo. Xa sabendo a ruta e máis ou menos o esforzo que supon, poderáse calcular mellor o tempo de viaxe. Os dias son largos, da tempo para todo.
    7. Traede para ir picando polo camiño (platanos, chocolate, frutos secos, auga) e así evitar posibles paxaras e dores musculares que pasen factura na berbena


    avisade a todo o mundo
    seguiremos informando

    se queredes vir :http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/19_de_xu%C3%B1o%2C_santo_hadrian._Coru%C3%B1a-Malpica-Coru%C3%B1a
     
    Última edición: 9 Jun 2010
  2. scalpel06

    scalpel06 Cabrondale Tean Monteneme

    Registrado:
    20 Ene 2007
    Mensajes:
    1.297
    Me Gusta recibidos:
    12
    Ubicación:
    Carballo - A Coruña
    Interesante proposta, habra que pensar si ir, esta claro que vai estar moi ben, sera un dia moi completo de bicicleta.
     

Compartir esta página