42.502879, -8.767416 Desde ahí se sale. Si no me fallan las cuentas, donde siempre. Ya veis todo el tinglao al llegar...
Aparcar donde se poida. Je je je Non vir moi xustos na hora que despois pasa o que pasa. http://www.ribadumia.org/index.php?idMenu=5&idIdioma=2&int1=1886 Aqui tendes algo de información.
Aquí os dejo los listados de dorsales por modalidad Muchas gracias a tod@s y hasta el domingo amig@ssss¡¡¡¡¡¡¡
Las zonas de aparcamiento estarán señalizadas. Este año también se habilitarán duchas en el campo de futbol de Ribadumia. A 1 km. de la salida dirección. Por esa zona habrá mucho sitio para aparcar
Gracias por todo el trabajo y por facilitarnos todo os mereceis lo mejor Muchas gracias a todos los ke haceis ke este evento sea posible. Nos vemos domingo
TRAIL, ANDAINA E COMBINADA Datos de interese: -Hora de recollida de dorsais: 08:00 a 09:20h. nas mesas de andaina trail e combinada. -Saída conxuntan Andaina e Trail: 09:30h. -Distancia: 20km. -Desnivel positivo acumulado: 600 mts aprox. -Dificultade baixa con pequenas zonas de media. -Tempo estimado primeiro do Trail: 1 hora 40 minutos o primeiro 2,30 o último. -Tempo estimado da Andaina: 3 horas o primeiro e o último ?? , 5 ou 6 horas. En esta edicción a andaina pasa a ter todo o protagonismo que se merece. Concentrarémonos diante do concello de Ribadumia e diante dos da BTT e xunto cos do TRAIL detrás do arco de Coca-cola. Recordade que previamente temos que recoller o dorsal, que se poderá facer o mesmo día dende as 8 da mañá,na mesa específica da Andaina. Será adhesivo para facilitar a súa colocación. As 09:30h darase a saída dirección hacia o centro de Barrantes. Evidentemente os do TRAIL sairán "escopetados" e máis paseniño pero mezclados,os da andaina. Cen metros maís adiante xunto a " Boutique do Pan", xiraremos a esquerda por un rueiro, deixando libre a arteria principal, para que poidan facer a saida os da COMBINADA EN BICI máis o resto de BTT. Aínda que haberá suficientes avituallamentos líquidos, non estaría de máis levar mochila de hidratación ou botella, porque as previsións dín que vai ser un día de moita calor. Tamén sería recomendable ir provistos de sombreiro ou viseira pola mesma razón ademáis de aplicarse algún protector solar. No referente ao calzado, o consello máis recomendable que sexa adecuado para terreos irregulares con zonas húmidas, que sexa cómodo e por suposto non o estrear ese día. Os dous primeiros Kms trancurren por asfalto, dirección Sur, hacía a Ruta da Pedra e da Auga. Estará sinalada toda a ruta con flechas e cintas de color azul, con todos os puntos kilométricos ademáis do nome da zona, indicación de fontes de auga potable, etc. Os primeiros kilómetros serán en leve ascenso ata chegar a Couso, ahí no coñecido como camiño do Chimpelete, saltando de pedra en pedra, as costas a arriba xa son máis pronunciadas ata chegar a Armenteira. Seguro que nos han de sair os colores a pesares de transcurrir preto do regato e con sombra natural da abundante vexetación. Diante do fermoso mosteiro da Armenteira teremos o primeiro avituallamento líquido e sólido, que coincidirá cos da BTT e teremos ocasión de intercambiar ánimos, aínda estamos no km 7 pero seguro que se agradecen e como é cedo para a misa das 12, o mellor será continuar. Fáltannos 3 kms máis para chegar a cota máis alta. Pasamos o camiño da Lagoa, cruzamos a carretera de Valboa e pasamos a carón do cruceiro do rio da Bouza, un camiño de pedras ponnos no Bicaño. Aquí o sol daranos de cheo e a esas horas da mañá xa está bastante alto. Nos tamén estaremos arriba de todo, cando cheguemos ao segundo avituallamento, no monte da Queimada( haberá líquido pero non deste), no vértice xeodésico. As espectaculares vistas da Ría de Arousa, da Lanzada, das Cíes, de Ons, de Onceta, de Sálvora.... Maravilloso, xa pagou a pena ... Que nos traian de xantar que xa quedamos aquí todo o día!!!. Difícil de superar sen dúbida, pero estámos no km 10 e quedan outros tantos,cruzarémonos cos últimos da BTT, os do TRAIL seguro que xa chegaron a Barrantes, aínda que sairon a canda nós, pero eles nin viron a Ría, nin o avituallamento, nin nada, iban no aire... Baixamos pola ruta dos Cabalos case ao trote, e enseguida entramos nun camiño asulagado que nos porá as zapatillas "guays" . Chegamos a Fofán e unha corta subida pero intensa recordaranos que temos que entrenar máis, baixamos de novo e unha fonte revitalizaranos o suficiente para seguir ata un novo mirador natural, San Cibrán. De novo espectacular, non me refería á subida que tamén, senón ás vistas. A Toxa, ahí ao alcance da mán, a torre de San Sadurniño, A Illa. O Salnés en todo o seu esplendor, mentres nos hidratamos no terceiro avituallamento. Hai unha lenda que dí que San Cibrán e o monte de Lobeira están unidos por dúas cadeas. Unha de Ouro e outra de Ferro, dándolle forma ao Salnés. O uso adecuado ou non que fagamos del, farán que se rompa unha ou outra, sumíndonos na oscuridade da derrota ou o brillo e luminosidade da prosperidade. Tomade nota!. Solo sei que "cadeas" ides a necesitar para a baixada. Unha inclinación do 45%, despois o monte Forcado e o famoso "muro" do corredor. Xa o veredes.... Pasamos por Gondes, Cabeza de Boi e chegamos de novo á ruta da Pedra e da Auga, pola sombra e o fresco do rio iremos a atoparnos co Umia para subir pola viña do Rabadoiro. Un kilómetro máis e entramos en Meta, ao mesmo tempo que os BTTeiros cos que continuaremos de festa na XLIII edicción do Viño Tinto de Barrantes.
RUTAS CURTA, LONGA E COMBINADA DA BTTINTO 2015 Datos de interese: -Hora de recollida de dorsais para ámbalas dúas rutas: entre as 08:00 e as 09:20 h. nas mesas destinadas á BTT. -Saida conxunta Ruta Curta e Longa: a partires das09:30h. despois do Trail e a Andaina. -Distancia da Ruta Curta: 35kms -Distancia da Ruta Longa: 47kms -Desnivel positivo acumulado ruta Curta: 1000 mts aprox. -Desnivel positivo acumulado ruta Longa: 1600 mts aprox. -Cota máxima de ambalas dúas rutas: 450 mts -Dificultade física e técnica media /baixa para a curta. -Dificultade física e técnica media/alta para a longa. -Tempo estimado: 2 horas o primeiro 5 o último na verde. -Tempo estimado: 3 e media o primeiro 6 o último na vermella. Por cuarto ano consecutivo o número de inscritos na Bttinto incrementase, tanto que acadamos cifras de probas de referencia nacional, 3000 persoas se sumamos os do trail e andaina. Somos conscientes de que esta multitude dalle moito eco á proba, pero tamén dificulta a fluidez, formando "tapóns" nalgúns tramos do percorrido. Pedimos polo tanto comprensión e paciencia, que esta non é unha proba competitiva e disfrutemos do estupendo ambiente en compañia de toda a familia do BTT. O Domingo 7 día da proba, estarán dende as 08:00h da mañá repartindo os dorsais nas mesas específicas para a BTT, no lugar de costume, diante do concello de Ribadumia e ao lado mesmo do arco de saída/meta. Os dorsais serán iguais para as dúas rutas e cada un é libre de facer a ru Longa ou Curta, aínda que se inscribira na contraria, (esto fíxose máis ben para datos estadísticos). Mentres esperamos xa na cola do arco de saída da BTT, co dorsal perfectamente colocado na bici e o casco na cabeziña (condicións indispensables), teremos ocasión de obacionar aos inscritos na Andaina e Trail que tomaran a saída as 09:30h xusto diante de nós no arco de Coca-cola. Unha vez despexada a saída colocaranse diante os da Combinada en BTT e diante de estes os Voluntarios encargados de facer unha saída controlada polas principais rúas de Barrantes. Pistoletazo de saída e a rodar, todos a un tempo. Tomaremos dirección Sur, rumbo a O Casal onde deixa de ser controlada, despois As Congostras e Gondes por unha rampa asfaltada de "cair pa trás". Deixamos o asfalto e respiramos nas primeiras zonas de monte con pequena ascensión para chegar a Castiñeira. Estamos no km 6, os primeiros pasaron coma lóstregos pero os últimos estarán mortos. solo a estes se lle dará a posibilidade de facer un atallo para porse en Armenteira con apenas 10 kms e rematar o día con "solo" 25 KM. Os demáis seguindo as marcas verdes chegarán ao primeiro avituallamento líquido do km 10 coincidindo cos do TRAIL e ANDAINA, no vértice Xeodésico do monte da Queimada ( será de auga, non confundamos e "ollo" non haberá máis avituallamentos en 23kms para os da longa). Mentres uns disparan a diestro e siniestro, fotos das increibles vistas da nosa ría, outros dispararanse pola primeira Trialeira que se nos ofrece, a do "Xurelo", marcada en vermello pola súa condición de ser técnica e con unha subida "moi dura" que incrementa en 3 kms a distancia total. Os que sigan pola curta atoparanse de novo antes de baixar un carreiro moi rápido que xa nos dará as primeiras alegrías ou sustos da mañá. Subimos polo último tramo da ruta dos Muiños de Lores, que sinceiramente eu preferiría baixar e cruzamos a estrada de Valboa para por un terreo indefinido con varios cruces e unha fonte, pornos nunha petada de "roca pura" que nos fará apretar os dentes ata chegar á "Casa de Juán" . Espectaculares vistas da Ría de Pontevedra, Tambo, o Morrazo.... pero quieto parado!. Que rumbo coller?. Km 15/17 según baixaras ou non o Xurelo, 11:45 da mañán , (máis tarde no che deixarán), as pernas maduritas, vas pola longa?. Vaste acordar!.... Boa decisión si señor, viñemos a montar en bici, ou que?!!. Empezamos con un cortalumes, seguimos con un zizagueo pola ruta dos árboles, circuito de Combarro con pequeno enlace, Fervenzas do Pereiro, con porteo de bici incluido. Ai se mo chego a perder!!!.Indescriptible. 500 metros de caída libre (no mellor sentido da palabra, enténdese). Se sigues pola curta...sabia decisión!!!, aquí vimos a pasalo ben, mira que "cariñas" traen os osados que foron alá abaixo. Fixeron 11 kms máis e non pararon nin a coller auga, subida durísima, quen lles mandaria?, menos mal que no Viveiro hai outra Fonte,Km 16/27. Unha última costa e baixamos a "Trialeira da Luz" con alternativa para os da verde pero igual distancia para todos e chegamos ao oasis da Armenteira km 18/30. Avituallamento sólido e líquido. Hai de todo, ata un pequeno descanso e ben merecido. Tranquilos, o que nos queda e moito máis suave, nada que ver coas petadas que vimos de facer, pero as baixadas moi divertidas con alternativas, coa mesma distancia pola verde ou vermella. Así poderemos coller a "Trialeira de Silván" nos kms 20/32, a "Trialeira do pau no medio"kms 24/35 ou a "trialeira do Bike Park" kms 25/36 remasterizada, e todas elas con alternativa de igual distancia. Tamén haberá fontes ben sinalizadas, pois espérase un dia moi caluroso. Este ano pasaremos polo monte Arosa, rampiñas de nada en condicións normais, pero logo de catro horas enriba da bici parecen muros infranqueables. Coma sempre paga a pena nas baixadas. Así entraremos literalmente en Mar de Frades e por se fora pouco avituallamento "CHILI-OUT", que non te poderás perder, salvo que cometeras o erro de inscribirte na combinada, porque terás que entrar na meta en Barrantes antes das 12:45 (hora de peche), para deixar a bici e sair a correr por onde antes o fixeran os do TRAIL e ANDAINA . Pero non remata aquí, a marcha continúa na XLIII festa do Viño Tinto de Barrantes.
Pintaza!!!!!! Pero ahora entran las dudas... cuando decis mismos kilometros ruta verde o roja, cual es la diferencia???
Estes son os tracks das distintas rutas do Bttinto deste ano : http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=9880189 TRAIL, ANDAINA E COMBINADA BTTINTO 2015 http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=9880199 RUTA CURTA BTTINTO 2015 http://gl.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=9880202 RUTA LONGA BTTINTO 2015
JORGE_G50KUNTIS xa sei quen eres, eu iva con eirin que te conoce! A ruta de 10! e o primeiro ano que voi e volverei repetir!
Unos que ya están en coruña de vuelta....Rutaza como siempre ,dura como siempre .el año pasado me quejaba de la lluvia pero mucho la eche en falta este año.Mucha calor,mucho polvo .Pero en fin gracias a toda la organización todo muy bien señalizado ,gente en los cruces avituallamientos suficientes.El año que viene repetiré pero como decían os carteles,se vas a pe apuntante a andaina Esos toques de humor alegraban el sufrimiento Seguid asi.
Estuvo muy bien, sois unos cracks. Mucho calor y una pena de los 4 pinchazos...... que tuve durante la ruta.
E - S - P - E - C - T - A - C - U - L - A - R- .... e a terceira edición que vou e seguirei indo... as baixadas .... que sorriso levei para a casiña... jajajja e as subidas algunhas duras e outras técnicas... en fin... RUTAZA!!! noraboa e moitisimas felicidades polo traballo realizado!!! un 10