Que fan os colegas de Burela?. Por Vilalba , saimos Serafin e mais eu e o pouco de sair atopamos a Carlos , outro btteiro da terra cha , fixemos un percorrido precioso , sendeiros cubertos de follas de carballos , castiñeiros , bidueiras , e como non , xeada pa dar e tomar , o pasar unha poza vivimos unha sensación única e de moito susto , non rompia o cristal do xeo e non vos conto como patinaba , foi pola zona de Boizan e Gondaisque . O vindeiro sabado xa quedamos pa facer outro rule. BO NADAL A TODOS.
Como vos coidades. Ben podíades poñer unhas fotos. Por Burela non sei os máis, pero eu currando... Nada de bici. Felices Festas a todos!!!!
Hola a todos espero que teñades bo nadal, xa vexo que foi un fin de semán movido por aquí lastima que a cea de empresa tivera tantas "consecuencias" e non me puidera levantar da cama para ir rular, un pouco máis e nos vexo sair ás 10 jaja, chegando a estas horas necesitanse (polo menos eu) dous ou tres dias de descanso, Bueno pois nada mais DESEXOVOS BO NADAL A TODOS OS DO FORO!!!!!!!
Boas!! Antes de nada, felicitar as festas a todos os amigos que andades por este fío.............. e desexarvos un bo 2009. Comentarvos que o domingo 28 uns amiguetes andan argallando unha ruta pola Fraga Vella de Mondoñedo. Como vos cadra bastante preto, igual vos animades a vir. De momento eu non sei mais, pero en breve imaxino que nos darán mais info de horarios, punto de saída e demais............... podedes seguir o tema no foro de Ciclaspontes. O dito, felices festas e bo 2009!! Un saudo (E como nunca me acordo da obriga de escribir en castelán, pois me amarga moito traducir todo esto asique queda así, si ós señores moderadores non lles gusta que o borren)
Eu sigo o tema de cerca que o Domingo vou. Ese día teremos que ir con coidado coas inocentadas!!! :baile
O domingo 28 iamos argallar algo por Vilalba , pero vendo o de Mondoñedo , contade conmigo e seguro que se apuntaran os que saian aqui . Zagato , anima a xente de Burela a ir a Mondoñedo.
Maña sabado salen os de burela as 10 desde o campon. O domingo xa informaremos. Pero seguramente ruta por Mondoñedo
Aprecho quye tuve un pequeño acceso al foro a través del Wiffi da sachadora. FELIZ NAVIDAD A TODOS Y A TODAS. Pues mañana nos vemos a las 9.00 en Modoñedo. Boas noites
Os de Burela chegamos moi contentos da ruta da Fragavella. Boas subidas, Unha baixada final impresionante e uns paisaxes únicos. Hasta vimos algún dos famosos venados da Fragavella (E non lle estou chamando cornudo a ninguén. Fixemos unha foto de familia que a min me gustou moito: E outras dúas máis de regalo... Das outras que saquéi non hai moitas aproveitables. Tamén subín a ruta a Wikiloc... Wikiloc - ruta Mondoñedo-Mondoñedo pola Fragavella - - GPS track
Antes de nada, decirvos que o pasei bárbaro na vosa compaña e xa teño apuntada a data 1 de febreiro na axenda. Eu tampouco as tiña todas comigo cando me erguín ás 7 da mañán, menos mal que onte á tarde vin a un par de "individuos" cargando as bicis no coche que si non.........................pero ó final resultou unha ruta moi interesante, con moito pisteo (quizais se botou en falta algo de monte) pero cuns paisaxes impresionantes, e cunha baixada final que deu marxen para "soltar adrenalina". Por certo, MrHendrix, non sabía que andabas por Vilalba.............. eu ando de vacacións, si algún día destes liades algo por alí avísanos en Ciclaspontes que igual nos animamos, estamos moi preto e esa zona é descoñecida para nós. Un saúdo
Eu tamen o pasei moi ben. Encantado de coñecer aos de Burela. Bueno, algúns xa nos coñecíamos da botadura (por fin vin as fotos). Os das Pontes, coma sempre, un pouco frouxos pero bueno...moi boa xente jejjejejejejejjej. Por certo, seguindo o fío e comentarios de hoxe, vexo rodaduras por algún camiño de Vilalba. A ver se coincidimos que non somos moitos.
Certamente que andamos algo froxos Manuel, é que na pretemporada gústanos tomar as cousas con calma e non apurarnos, pero xa verás alá para a primavera xa!! Pois si liades algo por Vilalba para o próximo findesemana aínda me apunto (e casi seguro que non me deixarán ir só)............ ánimo!
Domingo de rule por Mondoñedo , a primeira parte da ruta xa a fixera con Salaberri , moita pista e paisaxe precioso , moito pinar , unha baixada final extraordinaria , algun dixo que xa lle tardaba chegar abaixo (baixou nunha rixida), compañia extraordinaria :aplauso4, alegrome de coñecer esta xente porque cando volva a Vilalba poñereime en contacto pa quedar. Sinto algo de envexa dos compis de Burela que non viñeron e rularon ali acompañados de fémina , espero que foran bos anfitrions e repita outro dia. Ahi van algunhas fotos.
Alégrome moito que se animara a túa señora a ir con eses energúmenos de Burela. Espero polo menos que se portaran ben. Seguro que como era o primeiro día fixeron o paripé e non contaron chistes, nin dixeron palabrotas....:sofa Eu xa sabía que se iba apuntar porque os da Rigueira sempre fomos moi brav@s. :bravo Noutro orde de cousas hoxe dinlle outra volta ó proxecto de ruta ó Pozo da Ferida, e atopei este paraxe casi ó lado de Burela. Precioso. Vámoslle chamar ENTRAMBASAUGAS.