Podes empezar logo coas explicacións. Penso que agora che corresponde a ti dalas. Pero coma sempre, tirando a pedra e escondendo a man...
Non é que esté en contra de todo, simplemente que creo que o foro non só está para gavar as cousas cando están ben feitas, se non tamén para poder dar a túa opinión e criticalas cando están mal. Pódoche pasar moitos enlaces nos que dou a miña opinión ou pregunto sobre cousas, e pódoche asegurar que non o fago por outra cousa que por intentar mellorar o que se fai. Sempre dende o meu persoal punto de vista, por certo, co que se pode estar de acordo ou non. Simplemente eu prefiro dicir o que penso, e opinar sobre as marchas que se están a organizar en galiza, por se é mellorable o que se está a facer. Pido desculpas se a miña resposta soou un pouco brusca ou borde, pero me cabrea que organicedes así as cousas. Sabedes que hai unha lei que establece as coberturas mínimas que ten que ter unha póliza de un seguro, tanto de accidentes coma de responsabilidade civil, para a organización de unha proba deportiva? Sabedes se a póliza que contratades para organizar a vosa marcha ten esas coberturas mínimas? Sabedes que o seguro da federación para os federados dobla esas coberturas mínimas? E que as iguala para os do seguro por un día? Asegurades a todos os que participan na proba ou só a uns cantos? Por qué preferides entón facer unha marcha "ilegal" á marxe da federación na que os federados tamén teñen que volver a pagar seguro, non sae mais caro? É porque ese seguro ten mellores coberturas que o da federación? Sabedes que vos pode pasar como responsables da organización de unha prova deportiva se alguén sen as oportunas coberturas ten un accidente grave? Tedes as pertinentes autorizacións da Xunta e de Medio Rural para ir polas estradas e pistas forestais polas que ides? Como as conseguistes sen a autorización da prova pola Federación Galega de Ciclismo? Sabedes que vos pode pasar se un coche atropella a un ciclista que vai en unha prova organizada por unha estrada autonómica sen o pertinente permiso? Sabedes que vos pode pasar se se produce un incendio forestal no monte polo que está a pasar unha prova deportiva non autorizada por medio rural? .... e podo seguir! A min só me preocupa saber, se vou a dar unha volta en bici e pago unha inscrición, se vou a estar debidamente cuberto en caso de que teña un accidente, pero a vós vos debería preocupar tamén todo isto. Porque nunca pasa nada ata que pasa un día, e logo botámonos as mans a cabeza. E como dixen antes, digo todo isto en un foro para que a xente que o descoñeza pois que sepa que cando vai a unha marcha lle debería preocupar algo mais que se a inscrición inclúe callos ou pulpo de comida. As marchas as que teño ido este ano, en todas! houbo a lo menos un accidentado, e eu me pregunto, non merecerá a pena pagar os 80 que custan as taxas da federación e cobrarlle os 8 do seguro por un día e tramitar os permisos a xunta e medio rural pertinentes e estar tranquilo en caso de que por mala sorte aconteza algo????
Por certo, polo que comentabas do outro post, e tamén relacionado con este, as marchas, á marxe do apoio que teñades de concello ou patrocinadores, ou non, e falado xa sobre se todos deben pagar o mesmo de seguro ou non, deben ter un prezo sensato. Dende logo 15, 16, 18€ por marcha para alguén que está federado persoalmente paréceme desorbitado.
É un pouco longo pero copioo para que quede repetido xa que aquí tedes as axplicacións. Gazas a_1000.
Esto gracias a Dios es una marcha libre, a la que no se obliga a nadie a participar. El que quiere viene y el que no ya sabe....
Dende logo que é o conto de sempre. Tirar a pedra e esconder a man. Xa sabemos que é unha marcha libre, faltaría máis. E que cada quen pode facer o que queira. Pero eso non é do que se está a falar. Pero cando non hai argumentos hai que irse pola tanxente... Ti estás colexiado, verdade? E gústache que a xente cando quere facer unha casa pida licencia no concello?
na miña modesta opinion, esta e unha marcha libre, e vai quen quere,se non estas de acordo coa inscripcion pois tan facil como non ir,..eu creo que hai que felicitar a xente que organiza estas marchas , e non solo criticar,, saudos e vemonos o dia 30
Admiro o teu apoio incondicional ao Clube BTT Verín. nocelojar, penso que falo con coñecemneto de causa e non só por criticar sen máis. E ti sábelo. Se pedir o mellor para todos non vos parece ben, dacordo. Pero uns datos: I Marcha Val de Monterrei 2.008 e II Marcha Val de Monterrei 2.009, ambas federadas: * Custe federados: 12,00 € * Non federados: 20,00 € (como todo o mundo sabe os 8,00 € son para o seguro do día). * Soci@s: Gratis III Marcha Val de Monterrei 2.010: * Custe: 16,00 € para tod@s ==> +4,00 € * Soci@s: 12,00 € ==> +12,00 € E o aumento do prezo inclúe as mesmas cousa que antes: avituallamentos, duchas, lavado de bicis, comida e agasallo. A organización do Concello de Verín en que queda? No cartel? Que aporta de mellora?
Por certo, que xa o mencionástedes varias veces. Alguén me pode explicar que é eso dunha marcha libre? Que se pode facer sen pagar se non se vai á comida?
NOCELOJA, nos estamos convencidos de que vamos ir.Agradecerche a publicidade que nos fas o club.:aplauso2 a_1000 inda que non comparto a tua opinion,respetoa,esperando que todos fagamos o mesmo.
LIBRE: Que tiene facultad para obrar o no obrar. Que no es esclavo. Que no está preso. Y COMO LIBRE QUE SOY, NO COMO OTROS, GRACIAS A TODOS LOS QUE NOS APOYAN:aplauso2:aplauso2:aplauso2:aplauso2:aplauso2
En fin, sen comentarios. Cada vez que abres a boca defíneste ti soíño. Argumentos, cero. Por certo, as maiúsculas nos foros significa berrar. E non serei libre, pero tampouco son xordo nin, xa que non dis nada, tes máis razón se berras.
Estás disculpado por miña parte, e tamen che pido disculpas si che pareceu mal o que che dixen por a da II Rural bike Vilardevós (que creo que nos entendemos o día que falamos por telefóno) Pero tes que ter en conta que si tu vas a unha marcha non federada non lle pagas nada os demáis como dixeches anteriormente niste post e tamen no da I Marcha a Valenza en Ourense, si non que cada un paga o seu. Outro tema (non sei si estarei acertado ou non xa que non teño estudios e non estou moi posto niste tema) e o da federación; eu creo que o importante e que unha marcha teña un seguro para cubrir accidentes, responsabilidad civil, etc.; si se pode pagar 100 para que vas pagar 150. Eu animote a que veñas e antes de inscribirte pidas (e o pode facer calquera participante que esté interesado) a poliza do seguro, e se che interesa participas e se non pagoche eu a comida e coñecemonos persoalmente para charlar de algunhas cousas. Teño conocidos que despois de estar varios anos pagando a federación, o día que necesitaron dela levaron un fracaso. Gracias a tí nocelojar e a toda aquela xente que valora o traballo de organizar unha ruta, que non e só o traballo, si non o tempo que lle sacamos de estar ca familia. Saúdos e vemonos o día 30 de mayo.
Tal como dices Jolumar, dediquemos nuestro tiempo a quienes lo merecen y nos aprecian:aplauso2:aplauso2:aplauso2:aplauso2:aplauso2
Como? Bueno, alomenos jolumar é o único que intenta aportar argumentos, aínda que errados. Un federado está asegurado dende o momento en que saca a licencia. Se vai a unha marcha federada está cuberto polo seguro da Federación. Nesta por exemplo en vez de pagar 12,00 €, ten que pagar 16,00 €, igual que un non federado, que tamén paga 16,00 €. Polo tanto está pagando parte dun seguro que non necesita. Agardo que se ves razonabel o meu argumento tamén me pidas disculpas. Que teima teñen algúns cos estudios. Alguén che preguntou algo? Por que estarán tan preocupados? Escribir parece que sabes. Ler tamén parece. Claro que entender o lido, xa supón un nivel maior de intelixencia. Tes internet. Busca e investiga. Non se trata de 100,00 € arriba ou abaixo, que no total que custa unha macha xa me dirás o que supoñen as licencias. Trátase de que unha federación ten forza en función do número de clubes e de persoas federadas ás que representa. A ver cantos nen@s que xogan ao futbol e futbito están sen federar. Canto temos que aprender doutras rexións (País Vasco, Cataluña) e doutros países (Francia). Logo queremos que se fagan cousas por este deporte. Sorpréndeme moito que precisamente orbeas sexa o que máis pasa de institucións públicas e organismo. Curioso.
O ano pasado participou na II Marcha Val de Monterrei Pablo Rodríguez Guede do C. C. Maceda, finalmente campión de Galiza e de España de BTT. Por certo que foi o primeiro en rematar a marcha cun tempo espectacular. Mágoa que de seguir así esto quizais non se poda repetir, xa que de ter un percance, Pablo tería moi complicado xustificar ante a Federación Galega de Ciclismo a súa participación nunha marcha non autorizada por ela.
Boas de novo a todos. A ver, eu só dixen que non pensaba ir porque non me parece correcto como obrades. Como ben dicides, e penso que deixei claro, cada un é libre de ir ou non, faltaría mais. Logo tentei explicarvos as diferencias, pros ou contras, que eu vexo entre facela pola federación ou non. Se vos tedes claro que así é a maneira de facelo as vosas conviccións teredes, e non pasa nada eh. Eu non me vou a poñer a discutir, só pretendía dar o meu punto de vista e nada mais. Penso que contrastar opinións pode ser productivo. De todos modos eu non son fan da federación nin moito menos, de feito o que lle pagamos de ficha e logo de cuota para a marcha penso que podían dar mais servizos que o seguro únicamente. E pode que se me fallan como dis por ahí me caje na cona, pero polo momento penso o que dixen xa que aunque só nos aporten o seguro é do mellorciño que hai a nivel nacional, e no que nos teñen feito falta o equipo ahí están. E por outro lado está o que di o noso compañeiro Sr Alcalde. Hai unha institucións e unha maneira de facelas cousas e en grupo temos mais forza. Se non estamos contentos como actúa a federación o que hai que facer é meterlle caña e pedir e tal, pero pasando pouco se vai a conseguir. Despois, que a marcha se encareza coas mesmas prestacións... xa non me podo meter, iso é cousa vosa. O estar en crise todos colaboran menos, pero os que asistimos as marchas tamén tamos en crise! O de ir este ano? non creo. Xa o dixen o principio, xa fun tanto a marcha de verín como a de Monterrei o ano pasado, e mais na zona de Ourense, e decidin non volver se enriba de estar federado teño que pagar un seguro a maiores. Dis que non pagamos o dos non federados, pero si co cambio de prezos eles pagan dous euros menos e nós 4 mais, a min non me dan as contas. Pola miña parte está todo dito. Espero que non haxa malos entendidos e vos enfadedes conmigo por dar o meu punto de vista. Se vos gusta ou vos serviu de algo ben, e se non pois nada, pero non foi por mal. O que sí, sexa de un modo ou outro asegurádevos de que o seguro vos cubra ben porque nas marchas que nós temos organizado xa tivemos mais de un percance e menos mal que estaba todo en orde se non se nos podía caer o pelo. Agradécese o esforzo que todos facemos por organizar marchas para que todos desfruten, pero non todo o mundo que asiste ve e valora o traballo que hai detrás e se despois cae e se rompe unha man che pode intentar buscar as cosquillas. Que estedes a traballar desinteresadamente non implica que se por mala sorte pasa algo vos teñan que empapelar. Un saúdo e moitos ánimos coa marcha.
Ante todo muchas gracias por los ánimos, y aquí nadie se enfadó contigo, lo que pasa que a cada uno nos gusta defender nuestras ideas. Los no federados ahorran 4 respecto al año pasado, pasan de pagar 20 a pagar 16 ; y ahora ya me dirás si llega a un 20 por ciento los federados que acuden a una marcha como la de Verín, por lo que el otro 80 por ciento de la gente ahorra dinero. Yo personalmente el año pasado fui a unas 12 ó 14 marchas entre España y Portugal y ninguna era federada. Animos y apuntarse que queda menos de un mes para la celebración de la III Marcha Val de Monterrei. Saludos.