REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTO O domingo día 3 de Setembro terá lugar a VIII Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova. “12 horas BTT Terra de Celanova” Art.1. Está aberta a todo aquel que dispoña da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición. Art.2. Percorrido. Proba de 12 horas BTT. Conta con tres percorridos de dificultade media-alta que se realizarán na seguinte orde: Cicloturista (Ruta Amarela): 30 km Medio Fondo (Ruta Amarela + Ruta Vermella):74 Km Ultra (Ruta Amarela + Ruta Vermella + Ruta Azul): 118 km Cada participante poderá realizar 1, 2 ou as 3 rutas indicandoo na ***** de inscrición e, por motivos de organización, sen lugar a cambios no día da proba. A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, resérvase o dereito de modificar os percorridos cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. Art.3. Horarios. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 21.00 horas. A saída será na seguinte orde: Ás 9.00 horas para a ruta Ultra. Ás 9.15 horas para a ruta Medio Fondo. Ás 9.30 horas para a ruta Cicloturista. O peche das tres rutas será ás 21.00 horas. Art.4. Categorías. Todas as rutas estarán cronometradas. Distinguindo categorías nas seguintes rutas para informacion dos participantes e sendo as seguintes: Medio Fondo: Clase 1 (de 18 a 45 anos ) Clase 2 (de 45 en adiante) Ultra: Clase 1 (de 18 a 35 anos) Clase 2 (de 35 a 45 anos) Clase 3 (de 45 a 50 anos) Clase 4 (de 50 a 55 anos ) Clase 5 (de 55 anos en adiante) A entrega de premios realizarase ao completarse co terceiro clasificado de cada categoria. Cicloturista: Primeiro, segundo e terceiro da clasificación xeral masculino e femenino. Medio Fondo: Primeiros, segundos e terceiros clasificados en clase 1 masculino e femenino e clase 2 masculino e femenino. Ultra: Primeiros, segundos e terceiros clasificados en clase 1 masculino e femenino , clase 2 masculino e femenino, clase 3 masculino e femenino, clase 4 masculino e femenino e clase 5 masculino e femenino. O tempo de corte para a proba de Medio Fondo e Ultra será ás 20:00 horas. Art.5. Inscrición. Inscricións abertas desde o luns 10 de xullo ata o domingo 27 de agosto: 1) Na web: https://www.avaibooksports.com/inscripcion/inscripcion_datos.php?id=5454 pagando por TPV virtual totalmente seguro. 2) Nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova: 988451646/988451127 Nº Maximo de participantes: 200 Art.6. Prezos. Os prezos da inscrición serán os seguintes: - Prezo para participantes: 12 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip, a acceder ás duchas ó término da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación (camiseta técnica con reflectante), aos avituallamentos e uso da zona de lavado de bicis. Terán dereito tamén a un bocadillo quente por cada ruta realizada (cicloturista, medio fondo e ultra).O servizo de comida estará aberto desde ás 13.00 horas ata ás 21.00 horas Art.7. Recollida de dorsais. Poderanse recoller: No control de saída, situado en Quintela de Leirado, inmediacións do concello (Leirado s/n) entre ás 8.00 e ás 8.45 horas do propio día 3 de setembro. Art.8. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado. Art.9. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se identifique como de apertura da proba e non rebasalo en ningún caso. A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de cumprimento do presente regulamento, da Lei de Seguridade Vial, así coma das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se poideran ocasionar. A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que reciba por parte dos membros habilitados pola organización. Art.10. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e bote de auga ou mochila de hidratación. Art,11. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet, carteis, medios de comunicación, etc). Art.12. Os avituallamentos serán aproximadamente cada 10 kilometros. Art.13. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización. Art.14. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI e xustificante da inscrición por se fose necesario.