[6 de Novembro] : 3º Tour da Castaña de Rios (Ourense)

Tema en 'Galicia' iniciado por CastroDeEscuadro, 30 Oct 2011.

  1. CastroDeEscuadro

    CastroDeEscuadro Novato

    Registrado:
    17 Ago 2008
    Mensajes:
    9
    Me Gusta recibidos:
    0
    94.JPG


    Dia 6 de Novembro de 2011
    Distancia das rutas: 25 Kms e 48 Kms

    Dificultade: Media

    Os 150 primeiros inscritos terán un regalo a escoller

    Data limite de inscrición: 4 de Novembro

    INSCRICIÓN: 20 EUROS

    Nº CONTA: 0030 6235 14 0991653272

    DESDE PORTUGAL: ES 94 0030 6235 14 099165327

    Tel. contacto 629436180

    Acompañantes 10€

    REGULAMENTO:

    1.-O Concello de Riós, organiza a 3ª TOUR DA CASTAÑA que terá lugar o domingo día 6 de novembro de 2011 con dous percoridos, un de 25 Km. e outro de 48Km., sendo a mesma de carácter non competitivo, se ben de velocidade libre. A organización poderá facilitar, se o estimase conveniente, aos participantes ao final da proba un listado cos tempos de chegada.

    2.- Poderán participar na ruta todas aquelas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición e sexan: maiores de idade, maiores de 15 anos ou os que os cumpran no 2011 e presenten autorización de pai, nai ou títor.

    3.-O prazo de inscrición finalizará o día 4 de novembro ás 24:00 horas. A inscrición farase efectiva mediante ingreso na costa do BANESTO n.° 00306235140991653272 indicando D.N.I., nome e data de nacemento. O mesmo día da proba non se admitirán inscriciónsque non se tivesen solictado con anterioridade. A cota de inscríción é de 20€(dentro do prazo de inscrición.

    As inscricións realizadas o mesmo día da proba (antes das 09:00 horas) e que foran solicitadas (por teléfono) dentro do prazo de inscrición terán un recargo de 5,00€.

    Dita cota dará dereito á participación na proba, e incluirá os avituallamentos, obsequios que se entreguen e á posterior comida.

    Os acompañantes terán que reservar a comida cun prezo de 10€.

    Só serán considerados participantes, aqueles que pagaran a cota de inscrición e leven o dorsal visible en todo momento_O devandito dorsal será facilitado pola organización.

    4.- A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 08:30 horas, do día 6 de novembro de 2011 EN RIOS. A saida efectuarase ás 09:30 horas, sendo as 12:00 horas a hora prevista de chegada para os primeiros participantes. A recollida de dorsais farase de xeito individual, presentando DNI. e xustificante bancario de ter pagada a cota de inscrición, debendo cada ciclista asinar obrigatoriamente o día da proba, unha declaración xurada de participación cando se recolla o dorsal, requisito este indispensable para poder tomar a saída.

    5.- 0 emprego do casco é obrigatorio e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. Recoméndase a utilización de roupa deportiva adecuada. Todo ciclista participante deberá permanecer dentro do circuito da proba e atenderá instruccións da Organización. A organización non se fai responsable dos accidentes nos que puidera ser causa a neglixencia dos participantes, así como as débeda ou danos que por estes motivos puideran contraerse durante a proba.

    6.- 0 percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais de Riós existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.

    7.- Todos os participantes deben respetar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados nos puntos de avituallamento.

    8.- A Organización preveu avituallamentos suficientes, tasto sólidos como líquidos, para realizar o recorrido convenientemente, así como unha comida de convivencia ao rematar a proba e obsequios conmemorativos. 9.- En todo momento respectaranse e obedeceranse as ordes e directrices do director da marcha, non sobrepasando en ningún momento ao vehículo que abre a mesma, o cal será obxecto de descalificación inmediata.

    10.-A Organización contará con asistencia sanitaria e con servizo de ambulancia, a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fóra desta cobertura. A organización facilitará aos participantes, asistencia mecánica que non incluirá pezas nin recambios que serán por conta dos mesmos. Existirá igualmente un servizo de lavado de bicicletas gratuito ao final da proba.

    11 .-A organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.

    12.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

    13.-A proba realizarase independentemente da climatoloxia dese día.
     
  2. nocelojar

    nocelojar terras da limia

    Registrado:
    28 Abr 2008
    Mensajes:
    594
    Me Gusta recibidos:
    14
    Ubicación:
    nocelo (sarreaus)
    Inscripcion realizada , esperemos que no llueva , ¿hay algun sitio donde se pueda ver el trak de la ruta?
     
  3. MUNDIL33

    MUNDIL33 Miembro

    Registrado:
    5 Ene 2011
    Mensajes:
    98
    Me Gusta recibidos:
    2
    Hola, podedes publicar o track si é posible.
    Os que non se queden a comer pagan o mesmo?
    Gracias e un saúdo.




    :wink:
    ------------------------------------

    Hola, puede publicar el track si es posible.
    Gracias y un saludo.
     
  4. nocelojar

    nocelojar terras da limia

    Registrado:
    28 Abr 2008
    Mensajes:
    594
    Me Gusta recibidos:
    14
    Ubicación:
    nocelo (sarreaus)
    Moi chula a ruta , pero moi dura, decia na foxa de ruta que era de nivel medio , pero eu mais ven diria de nivel alto, estamos a falar da ruta larga, do resto a organizacion estivo todo moi ven , si eso algo que mellorar para o proximo ano, a auga das duchas , que casi saimos congelados , po lo demais todo perfecto.
     

Compartir esta página