Comunicado importante Troita 2015" Estimados amig@s Despóis de atender as vosas suxerencias, falar coas partes implicadas e manter unha xuntanza de organización do evento Troita 2015, a dirección do club e o Concello de Oroso decidiron cambiar a data da II Marcha BTT da Troita, "Ruta dos Regos" para o día 17 de maio, domingo das Letras Galegas. Deste xeito evitamos a coincidencia coa marcha BTT que organiza o Club Andadios de Villestro (Santiago), e o perxuicio que lle puideramos ocasionar, por proximidade, aos ciclistas que quixeran participar nas duas probas. Así pois, reiteramos o anuncio, Marcha da Troita 2015, en Sigüeiro (Oroso) o día 17 de maio. Sentimos fondamente as molestias causadas e agardamos que esta decisión sexa do voso agrado. Grazas pola vosa colaboración. Saúde, lume e fume negro!! C.C. Tambre Bike
Ola de novo! II Marcha BTT da Troita, “Ruta dos Regos”, 17 de maio, Sigüeiro (Oroso), ruta cicloturista non competitiva. Percorrido por cinco concellos da contorna cunha distancia de 52 quilómetros na versión longa e uns 44/46 na curta. Desnivel positivo acumulado sobre 1000 metros aproximadamente. Dificultade técnica media, e física media/alta para a versión máis longa. Percorrido totalmente "ciclable", con moito monte e "single tracks" nada complicados pero moi divertidos. Paraxes espectaculares non visitados na marcha do pasado ano. Carballeiras, soutos, corredoiras, castros, muíños, e moitos, moitos regos; Galicia en estado puro. Treitos a carón do ríos Tambre, Lengüelle e Carboeiro, ademáis dos regos, Sartegos, Ouxeira, Zan e da Ulloa. Unha ruta que non vos deixará indiferentes!!. Seguiremos informando abondando en máis detalles. Saúde, lume e fume negro!! C.C. Tambre Bike
Máis novas sobre a Marcha da Troita 2015”” Ola a tod@s! Seguimos a preparar a II Marcha da Troita, “Ruta dos Regos” e estamos en disposición de comentarvos algunhas cuestións como que as inscricións estarán abertas con un mes de antelación, é dicir, calculamos que sobre o 16 ou 17 deste mes nunha pasarela que habilitará Galitiming. Este ano o custe das inscricións será de 10 euros e nela irán incluídos os seguros, os avituallamentos e os servizos que se facilitarán ós participantes como son o lavado das bicis e o servizo de duchas. En canto ós avituallamentos queremos matizar que haberá tres. Dous durante o percorrido, un sólido e líquido e outro líquido, e o da chegada será líquido e un prato quente aínda por determinar. Haberá un límite de prazas de 250 participantes que podería ser ampliado a 300 se houbese demanda. A marcha estará cronometrada con microchips coa única intención de que cada quén teña unha referencia do tempo que inverteu no seu tránsito polos camiños da contorna diferenciando os do percorrido curto dos do longo. Lembramos que esta marcha non é competitiva e cada un marca o seu propio ritmo. No remate da marcha haberá un sorteo de agasallos para tódolos participantes e uns agasallos especiais para o equipo ou club máis numeroso, para o equipo ou club que veña de máis lonxe, para o home máis veterano e para a muller máis nova. Seguiremos informando nos vindeiros días e lembrade a data, 17 de maio, e pasamos lista!!. Dende o club queremos ter unhas verbas de agradecemento ó Club BTT O Treito de Lousame que para non coincidir na mesma data do calendario con nós tiveron a deferencia de cambiar a súa marcha para o vindeiro día 10 de maio, que xa tiñan prevista para o 17. Grazas por ese detallazo, pois este ano nós estabamos un pouco pillados entre a Festa da Troita, o 10 e as eleccións municipais o 24. Grazas compañeiros e esperámosvos en Sigüeiro. Saúde, lume e fume negro!! C.C. Tambre Bike
Troita 2015” Ola de novo! A partir de mañá día 15 e ata o vindeiro día 13 de maio estarán abertas as inscricións para a II Marcha BTT da Troita, “Ruta dos Regos”, no enlace directo: http://troita2.galitiming.com/ ou na páxina oficial de GaliTiming . Lembrar que o custe da inscrición é de 10 euros e que haberá un máximo de 250 prazas. Dous percorridos, un longo de uns 52 km e outro curto de 45 que serán cronometrados individualmente. As cronometraxes faranse coa única finalidade de que cada un coñeza o tempo que investiu no percorrido. Significar que a partires das 13:30 horas, todos aqueles ciclistas que cheguen ó punto de inicio do treito longo serán desviados pola ruta curta. Teredes dous avituallamentos durante a ruta e outro ó remate, xa na meta, onde se servirá tamén un prato quente. Duchas e lavado de bicis. Entrega de dorsais a partir das 08:30 horas para unha saída prevista ás 09:30. No remate, sorteo de agasallos e agasallos especiais. A “Ruta dos Regos” é un percorrido pola contorna de Oroso a través da paisaxe rural da nosa terra que vos permitirá gozar de paraxes espectaculares ó tempo que vos divertides enriba da bicicleta. Unha ruta divertida, tecnicamente asumible para case calquera ciclista que compaxina treitos moi rápidos con outros lentos e sinuosos a carón dos ríos ou atravesando soutos e carballeiras. Uns 1000 metros de desnivel positivo pero a boa fe que hai que traballar constantemente no pedal. En resumo, cada quen que a goce á súa maneira e ó seu ritmo. Se vos gustou a primeira edición, esta non vos vai deixar indiferentes. Contamos con vós!!
Que buena mañana de bici! ruta perfectamente marcada, así da gusto! Recorrido muy asequible, con algún tramo de sendero estrecho realmente bonito que le da un toque especial que te saca una sonrisilla! Y para rematar una paella bien rica jejeje! pena que no tocase nada en los sorteos para acabar de redondear la mañana! Como único apunte, yo quitaría, si es que el recorrido lo permite, los dos tramitos de la vía del tren, pero vamos, que tal como está no tiene duda ninguna! Ah! y al chaval del quad hay que pasarle el road book con antelación jejeje, que el pobre se quedó atascado varias veces! Para el año volvemos!
Enhorabuena a la organización!!!! Una gran ruta, bien marcada, muy rodadora los avituallamientos bien puestos, excelente paella, un gran trabajo!!!! Para el año repito.
Una ruta de 10,para mi la verdad guapisima,lastima un poquito mas de subidas pero bueno en esa zona es lo que teneis,para mi 100x100 recomendable,el arroz cojonudo,vamos los cocineros se pueden presentar al master chef. Lo que si,decirle al chico del quad que nos venia ofreciendo barritas que para el año vaya en moto que echamos un pedazo ayudandole a quitar el quad en varios sitios,(ahh y recordarle que quedo en pagar unos cubatas en la meta y no se presento,asi que lo haga en la III). Sin mas,unos cracks
Gran ruta,bien señalizada con zonas muy guapas en ríos y montes,avituallamientos perfectos.Otras con más nombre tendrian que aprender de esta gente.Detallazo del arroz y la pasta en meta.1 fijo para próximos años.Enhorabuena
Noraboa pola ruta. Perfectamente sinalada en todo momento. Os organizadores e todos os voluntarios moi amables. O percorrido con moitas pistas rodadoras e tramos máis lentos 'singles track' ou sobre a antiga vía do tren. Dous avituallamientos, ensalada de pasta e paella na meta, cronometraxe, duchas, lavado de bicis, ambulancia...non se pode pedir máis. Espero repetir para o ano. Deixo o enlace á ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9700203 (Hai un pequeno erro, chegando a Sigüeiro ou o tipo de Protección Civil mandoume por onde non era ou entendinlle eu mal.)