- Lugar salida polideportivo municipal de lousame - Recollida de dorsais , a partir das 8:30 - Salida marcha 9:30 - Avituallamiento 1 sólido e 2 líquidos - 2 recorridos 1 de 30 e outro de 45 - A organización fara hora de corte no recorrido largo, - Precio 10€ - O rematar habera sitio de lavado de bicicletas, duchas, - Tamen teremos uns pinchos o finalizar a ruta - Inscripcions en : http://bttotreito.galitiming.com/
Haberá que apuntarse... ¿Ese pico de seiscentos e pico metros é o Iroite ou a ruta vai máis cara a Rois e o interior? Saúdos.
IDE ANIMANDO O PERSOAL QUE ESTA RUTA NON TEN DESPERDICIO. OS PARTICIPANTES PODERAN DISFRUTAR DE UNHAS FERMOSAS VISTAS E DE UN ENTORNO PAISAXISTICO INMELLORABLE.
Imaxino que é un que ten uns repetidores cerca da estrada de Noia a Santiago, pero non sei como se chama. Inda así, eu case seguro que vou, que o outro día descubrín que teño algún bisavó de por aí... ¡¡e hai que coñecer a terra dun!! Ademais, un amigo faloume moi ben das edicións anteriores, así que habemos de apuntarnos.
Non é ese. É onde se atopa o monte do que toma o nome o club, O Treito. Posiblemente haberá un avituallamento para poder recrearse nas vistas un pouco máis de tempo.
Xa está preparada a baixada da Muralla. Hai algún tramo un pouco "técnico"... Pero despóis é un paseiño moi chulo, como podedes ver no perfil da ruta, cunha baixada duns 8 Km.
Para ir facendose unha idea de como vai o conto!!!!! Para ir facendo bo sabor de boca os indecisos, ahí van estas maravillas de tramos!!!! Así de sacrificada é a vida do ciclistaaa!!!!!!!!!!!!!!!!!
Auméntase o prazo de inscripción ata o día 21 ás 09:00 h pagando en man. Enviade un correo a deporteslousame@gmail(((punto)))com
Parece que a xente está a pensalo ata o último momento para apuntarse... Credes que o perfil é moi duro? Tal vez o mal tempo desanima? Parécevos cara a inscripción? Coincidevos mal esa data? Non vos apetece e punto? Algunha outra razón? Axudaría bastante a vosa opinión.
Eu dou opinión de novato: creo que hai xente que está acabando a temporada, o perfil parece moi duro e tanta chuvia e vento non están axudando nadiña de nada. Inda así, eu vou ir mollarme e enlamarme por Lousame, aínda que din que para o fin de semana mellora a cousa. Que haxa sorte, un arreón de xente apuntándose a última hora e que o domingo sexamos moitísimos. Pasalo ben está asegurado.
Xa están os tracks na web de galitiming. Como podedes comprobar, hai unha alternativa de 30 Km por se as forzas están xustas pero creo que se perderían uns dos puntos máis interesantes da ruta que é a subida á Muralla, onde as vistas na coronación son espectaculares e axudan a resarcirse do esforzo acometido xunto coa posterior baixada de case 8 Km.
Por certo moitas gracias polo comentario. Inda non teño o botón de "Like" porque son tamén novato, senón dáballe de boa gana...
O tempo que dan agora para o domingo 21 é cojonudo!! Sol despois da chuvia!! Xenial para as BTT : Ver el archivo adjunto 3891586
Hoxe foi un compañeiro a facer un tramo da ruta, o que vai pola Muralla e baixa ata as minas, e disque o terreno é mallao para o MTB. Ver el archivo adjunto 3891592