V Ruta BTT Terra de Celanova(07/07/13)

Tema en 'Galicia' iniciado por dsanmar, 20 Mar 2013.

  1. dsanmar

    dsanmar Miembro activo

    Registrado:
    28 Jul 2010
    Mensajes:
    361
    Me Gusta recibidos:
    27
    Ubicación:
    Bande / Ourense
    Está aberta a todo aquel que dispoña da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición.

    Pódese facer a inscrición ata o xoves día 4 de xullo de tres xeitos:

    Podedes facer as vosas inscricións na web: http://www.terradecelanova.es/ facendo unha transferencia electrónica no número de conta indicado ou ben, podedes inscribirvos en: http://www.championchipnorte.com/eventos/detalle/id/915/v-ruta-btt-mancomunidade-terra-de-celanova mediante pago seguro.
    Tamén nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova.

    Calquera dúbida ou aclaración pode resolverse chamando o teléfono 988451646 ou vía mail: terradecelanovasaudable@hotmail.com. Ningunha inscrición se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma


    PREZOS

    Os prezos da inscrición serán os seguintes:

    Prezo para participantes (sen xantar): 10 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip, a acceder ás duchas ó término da mesma e a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación
    Prezo para participantes (con xantar): 15 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip, a acceder ás duchas ó termino da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación a repoñer enerxías cun xantar na zona sinalada para o mesmo (Hostal*** O Miradoiro), o sorteo de varios obsequios e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais de Quintela de Leirado gratuitamente nese día.
    Prezo para acompañantes: 8€. Terán dereito ao xantar e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais.


    SAIDA

    A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas


    RECOLLIDA DE DORSAIS

    No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello (Leirado s/n) entre ás 8.00 e ás 8.45 horas do propio día 7 de xullo.
     

Compartir esta página