1. Cierre cancelado
    He reescrito esta nota 10 veces porque las palabras no son lo mío y no se explicar la montaña rusa de emociones por la que estoy pasando.

    Por ahora se cancela el cierre. Siento las molestias.
    No voy a entrar a valorar los comentarios de algunas personas, cada uno es libre de opinar lo que quiera (siempre desde el respeto). Solo quería comentar, que la noticia de cierre no fue una cosa pensada en dos días sino en bastantes meses y llegó un momento en que era insostenible.
    También les quiero dar la razón aquellos que se quejan del abandono que sufría la web. Si, tenéis razón y es culpa exclusivamente mía.
    Y por último, esta situación cancela gracias a las múltiples personas que se han puesto en contacto conmigo insistiendo en revertir este cierre. Gracias.

    Gracias otra vez a todos.
    PD. Según tenga noticias las iré comentando de este modo.
  2. Tras 22 años de funcionamiento y muchas vivencias, lamentablemente, ha llegado el momento de decir adiós. Lo que empezó siendo un pequeño foro de "backup" de la web que muchos solíamos visitar, Solomountainbike, se convirtió en una web de referencia del ciclismo en general donde se compartían rutas, vivencias, fotos, kdds, etc.

    Gracias a todos los que contribuisteis moderando secciones, participando en los post, compartiendo vuestras aventuras y en general, haciéndonos participes de vuestras rutas en bicicleta.

    Ha sido un verdadero placer. Nos seguiremos viendo en los caminos/carreteras/watopia o donde sea siempre que se pueda ir en bici :)

    Un saludo

    PD. El cierre será el 5 de Abril de 2026.
    PD2. Actualización: Será el 15 de Abril y quizás se pueda revertir.
    PD3. He quitado toda la publicidad que, sinceramente, era excesiva.
    Dismiss Notice

1ª Quedada BTT San Xoán de Río - 26/08 - 40kms Este fin de semana

Discussion in 'Galicia' started by Txemi Río, Aug 24, 2017.

  1. Txemi Río

    Txemi Río Novato

    Joined:
    Apr 1, 2014
    Messages:
    3
    Likes Received:
    0
    Boas,

    Sinto avisar con tan pouco tempo. Esta fin de semana celebramos a 1ª Quedada/Ruta BTT de San Xoán de Río (Terras de Trives). A idea é preparar a organización para facer unha BTT mais potente, e nesta, con pouca xente probar a organización: Sinalización, avituallamentos, etc. O prezo da ruta son 5 € e ruta con xantar 15 €. Se alguén quere anotarse que avise ao meu teléfono: 627780891.

    Esta é a info da ruta:

    Este próximo sábado 26 de agosto as 10h. partirá a primeira quedada BTT (Bicicleta Todo Terreo), organizada pola AC RíoMola coa colaboración do Concello de San Xoán de Río e o Club de Montaña Trives, que percorrerá boa parte do concello de San Xoán de Río cunha lonxitude de 40 qms e un desnivel acumulado duns 800 m por pistas na súa maioría de terra, cunha paisaxe espectacular e unhas vistas que sorprenderán a todos os participantes. As inscricións pecharanse o xoves 24 de agosto e pódense facer no teléfono 627 780 891 (chamando ou whatsapp). Existen 2 modalidades, a ruta só que ten un custe de 5 € ou ruta e xantar no bar Cruceiro ao remate da proba por 15 €. Tamén é posible que acompañantes dos ciclistas ou xente que se desplace a ver o evento podan xantar (sempre con reserva) no bar Cruceiro por 10 €.

    A inscrición inclúe dous avituallamento sólidos e líquidos durante o percorrido, asistencia en caso de avaría mecánica e traslado do ciclista e bicicleta ao comezo do percorrido, vestiarios e duchas, mangueira para lavar as bicicletas e algunha que outra sorpresa máis. Ademáis a ruta estará perfectamente sinalizada en todos os seus cruces.

    A ruta partirá dende o bar Cruceiro e tras unha leve baixada até a Área Recreativa da Veiga comezará a primeira ascensión do día ata o Alto do Porteleiro onde comezará unha baixada que pasará polas aldeas de Argas Vellas, San Silvestre e Vimieiro. A continuación bastantes quilómetros de falso chan sempre ascendente pasando pola aldea de Vilardá e chegando ao Alto da Moá (límite da provincia de Ourense con Lugo). Alí estará situado o primeiro posto do avituallamento, onde os ciclistas poderán coller forzas antes da ascensión ao Alto do Cerengo onde se superan os 1.200 metros de altura, punto no cal comézase unha espectacular baixada con vistas ao Courel ata a parroquia das Cabanas, onde estará o segundo posto de avituallamento. Da parroquia das Cabanas os ciclistas pasarán polas aldeas de Bexe, A Teixeira, A Fonte e Os Cerdeiros. Dende aquí comezarase a última ascensión do día coa subida ata San Xurxo, lugar dende o cal unha baixada levará aos ciclistas ata San Miguel e rematarán os últimos quilómetros percorrendo os soutos da famosa ruta da Fraga de Río volvendo ao punto de partida.

    Tralo evento deportivo, ciclistas e demáis xente que o desexe poderán acudir a un xantar no Cruceiro a base de empanada, lacón asado, postre, bebida e café polo prezo de 10 €, sempre con reserva antes do xoves 24
     

Share This Page