Perfil da rua de hoxe domingo. Este é o primeiro perfil que subo o foro , si non está ben , non vos riades , enseñademe.
Perfecto... Teño unhos grandes alumnos. :sableluz Eu estou nas últimas, foi un fin de semana moi duro. Mañá conto algo :rolf
Sodes o máximo, desde logo, A ver que nombre lle poñemos ó novo lago descuberto entón en Pelobrinco.... Pola miña parte decir que foi un gran fin de semana, despois da nocturna do sábado, e cando saiu a muller de traballlar. Fomos bicicleta en ristre para as frías terras de Vilalba. Sandra e Serafín como grandes anfitrións tíñannos unha suculenta cea preparada. Trala cea a sobrecea, viño, chupitos varios (a destacar o Sansón), diversas reformas na bici ás 4 da mañá... e claro. De durmir naide se acordaba. Polo que saimos para a quedada don duas horas escasas de sono, acompañados de Juan, que viña dende a As Pontes coa bici no coche. A partir de aquí destacar o frío. Dende a perspectiva de un tío que viveu sempre ó lado do Mar, nunca tal vin. A Giantore rebentoulle a horquilla polo frío, imaxino que se lle congelaría o aceite ou algo así. A auga da mochila non salía porque iba congelada, tiven que meter o tubo pegado ó corpo para poder beber. A min conxelouseme o cambio e rompeume a maneta do piñón, polo que tiven que ir sempre co piñón grande (entrenei cadencia). O terreo estaba congelado, e ibas rompendo o barro petrificado según ibas pasando coa bici. Para min incrible. Polo demáis o recorrido por aquelas fragas impresionante, guiados por Carlos (Porque o groso do pelotón deixounos atrás nada máis empezar) e 30 km ó redor de paisaxes que tampouco son común na costa, invadida pola plaga do eucalipto. Bueno, en definitiva, fin de semana excepcional en todos os aspectos. O malo é ter que ir a traballar ahora co cansado que estouuuuu. O track en Wikiloc aquí
Acabo de ler e sobre todo VER as fotos do fin de semán, bastante movidito polo que parece jaja,as de Vilalba a verdá é que dan frio:alloreto, o sabado de noite eu que levaba bastante roupa, tanta que subindo o Castelo como anteriormente dixo Jimmy tiven que "alixeirar" pero si estivese en Vilalba o domingo seguro que ía morrer de frio, neses lares terán que "acondicionar" un radiador pórtatil non? jeje, bueno enhoraboa a Jimmy polo primeiro perfil mostrado a humanidade haber agora cando me toca a min, pero bueno penso que fomos bós alumnos (gracias a un bón profesor, claro está). un saudo pa todos!!!!! P.D.: De todas formas pa que non se diga os compis de Burela tamén estiveron preto do frio, en contacto coa neve, por que en Vilalba só é Xeada PURA E DURA!!!!
Que bueno, que bien la gozais; así da gusto.!! Pois para seguir con esta boa racha de saidas e para extender mais os límites dos dominios beteteros Mariñaos propoñemos para este sábado aquela ruta que houbera que suspender. A senda dos peixes. O día más convinte para os encuestados e o sábado e a hora sería a convenir ainda que unha boa hora sería as 9.30 da mañán. O lugar o aparcamento da Praia das Catedrais. ¿Acordaisvos do cartel?. O final espera Carmiña ... Bo día. .
A ver si me dan o Bono-bici!!!! Ademáis teño a bici pa tirar. Teño que arreglar a maneta do cambio que se jodeu co frío, eje de pedalier que tén unha holgura de +-10 mm. Unha roda... Eu creo que é o momento de traer unha doble....
Ahí te vexo con máquina nova para a Marcha de Burela, jejje............... xa tes algo en mente?? O sábado ó final acojoneime coa xeada (eu cando a temperatura baixa tanto pasoo fatal, doenme as mans e congélanseme os pes, e as pernas non hai xeito de facelas dar pedal) e visto o visto casi foi mellor quedar na casa. Non sabía que o frío e o xeo podían acabar con tantas pezas da bicicleta (cambios, horquillas, manetas,....). Como pa poñerme a gastar en amaños, despois do que levo gastado na última tempada en "maquinaria"............mátame a parienta. Un saúdo e a pola doble!!
O da doble é por decir algo e non estar calado. De momento vai tocar reparar esta, que co tema do traballo como está hai que tomar as cousas con calma. Na empresa na que estou o mismo lles da por despedir a 500 que a 5000. Se as cousas van ben este ano teño pensado traer unha doble, pero para a marcha de Burela ainda non.´ A verdade é que eu tampouco sabía que o frío podía causar eses daños, quedei bastante alucinado. Tamén era moito o frío que facía, non era unha cousa normal.
Po inverno hay que poñer pezas "low cost"; cadena en vez de HG93 poñer HG53; pastillas en vez de "oro" as da competencia; Coroas XT en vez de XTR, pedales ...; e así pódese baixar, como mínimo 1/3 do gasto; que o gastar tres veces mais por a climatoloxía quedas, mais ou menos a pre; imaxínate se pos o "tome gama" incrementas o gasto por 6. O sábado todo con pezas "low cost". Bo día ninjas, YouTube - Leopoldo Abadia en Buenafuente por que todos podemos ser ninjas ... jejejirat
Eu son un completo ignorante das isobaras e todos eses mapas térmicos........... isa predicción que ven querendo decir Maismar? si a podes "traducir a cristiano" agradécese, mais que nada é que por As Pontes hai ganas de sacarlle a ferruxe ás de carretera.....e si ofrecen bo tempo casi que podemos ir armando algo dende xa.
Hola, aqui un nuevo aficionado de la comarca del eume, yo no entiendo mucho de tiempo pero creo que lo importante es no estar debajo de las manchas azules de agua!jajaja. Asique el sabado salida sin mojarse. Saludos, si no es asi que alguien me corrija.
Penso que o das manchas azuis non son exactamente nubes Chivier, si non centros de baixas presións, e as que están á altura das Illas Británicas poden chegar a extender perfectamente a súa influencia ata a nosa terra, asique o do bo tempo para o sábado non o teño tan claro............ anque eso é o que interpreto eu (que como dixen son un ignorante) pero a ver si Maismar nolo aclara cando se pase por aquí porque a verdade é que me fago un lío de cara..o con todo esto e xa non sei nin do que falo. Comentas que eres da zona eumesa, ¿de dónde exactamente?? de este fío somos asiduos lectores (e en ocasións tamen escribimos) algúns ponteses. É que esta xente de Burela nos trata coma si estivéramos na casa jeje
Hola de novo, a ver si no lo explican ben e con un pouco de sorte non chove o sabado. Son de mais abaixo, da vila de Pontedeume (jajaja), e inicieime este verán todavia con 3 amigos que me meteron o gusanillo no corpo. O dificil e ter tempo para salir pois desde verán e ata estas Navidades non volvin montar na bici........Ahora estou a ver si collo un pouco de fondo e empezo a quedar coa xente de por aqui, ou a quedadas que se fagan (pois este foro funciona moi ben), pois sinon vanme reventar. Saludos
É que o Eume é moi largo. Tedes un bo grupo ahi en Pontedeume. Pasate polo foro de Peña leboreira. Dariache o enlace pero estou dende o movil. Busca en google. Son moi boa xente. E os de As pontes igual. E os da mariña xa non tén amaño
Pois un saudo Chivier; pásoche o enlace co foro de Pontedeume: Foro PEÑA LEBOREIRA :: Índice e tamén che deixo enlace co foro de As Pontes: Ciclaspontes :: Foro de ciclismo, deporte en as pontes, BTT Nesta zona tamén funcionan moi ben os foros de Ares: www.bimares.net • Página índice Ferrol: Club Ciclista Ferrol • Página índice e si tamén che tira o lado oscuro (descenso, freeride) o de Freeride Narón: freeride-naron.forosonline.es :: Índice Asique xa ves, na zona na que estamos hai moito movemento betetero. En As Pontes habitualmente organízanse saídas os fines de semana, tamén a xente de Leboreira (Pontedeume) suele quedar os fins de semana na gasolinera, e os de Ares na Ciscada. Si estás atento ós foros seguro que non saes só de aquí en adiante. Nós invitámoste a vir a rodar a As Pontes cando queiras, hai zonas moi chulas por aquí para facer BTT, e ademais os compañeiros todos moi boa xente, hai moi bo rollo (anque estos de Burela tamén se enrollan ben :wink. Un saúdo
Ante todo perdón por non contestar antes. Bueno mais ou menos e o que di V.C.D. o que pasa e que en este mapa, concretamente, non e de isobaras este di os metros de auga que vai caer en cada zona. Se vos fixades na parte dereita tes unha barriña que vai marcada de abaixo (0.1) hasta arriba (50) onde se ve a intensidade da auga que ta por caer. Lóxico e que o centro das pintadas vaia de colores verdes por fora hasta os morados. Os centros e onde tan as baixas presións e por consiguiente chove mais. De todos modos a Meteroloxía o mais marabilloso que ten e que sendo Ciencia naide se atreve a afirmar que sexa exacta; hasta oxe, e en opinión de todo o mundo (hasta os mismo Meterólogos o din) sigue sendo a Ciencia mais "aleatoria" e imprecisa (eu diría incluso caprichosa) que ai; incluso moito mais que o cálculo de probabilidades sobre os números da suerte. Como prueba poño o mapa para o sábado pero cos datos de onte, fíxaivos como cambiu; e e para o mesmo día e a mesma hora; pero con outras variantes que se deron estes días. Algún día falaremos do EFECTO MARIPOSA; ¡¡e increible!! Espero que que vos axudara a entender o mapa; e se non xa sabeis volver a preguntar e volvo a contestar hasta onde sepa ainda que este límite e mais ben próximo. Bo día.
Moitas gracias a todos por toda esta información. De Leboreira xa coñezo algún e me dixo o da gasolineira, será cuestión de empezar a quedar......!Ademáis conto con que o mes que ven xa terei mais tempo os fines de semana e así empezar a sair mais lonxe e coñecer mais zonas (que con esto do BTT encontro sitios que non sabia nin que existian na zona). Bueno comentar que na ultima salida que fixen subin a Montefaro, e vale a pena xa solo polas vistas da ria de coruña e ferrol....! Saludos PD.- Esta bastante crudo o tempo.....
Bueno , xa son moitas as horas que compartin con Zagato , moitos os km. recorridos , pero aind consigue sorprenderme, onte saimos as 16:30 con ánimo de facer uns km. sen "mancarse" e voltar de noite , pois ben , a saida foi a hora sinalada facendo a proposta de non cansarse moito xa que él tiña que traballar no turno de noite , quixo enseñarme un sendeiro na zona de Castelo , fixemos o sendeiro (precioso) , pasamos rio etc. cando nos dimos conta estabamos moi lonxe e arreamos de volta , total 40 km. unha media de 13 e inda tiña que ir traballar , a este home hai que atalo corto senón non acaba ben. Bueno e ahora que xa me recuperei da paliza de onte , o sábado quedamos no aparcamento das catedrais as 9:30 como propuxo Maismar?