BIKERS CORUÑA SALIDAS

Tema en 'Galicia' iniciado por mincho, 19 Ago 2010.

  1. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Saímos da uni con treboada eléctrica e unhas pingas de auga e chegamos a Coruña con outra treboada e outras pingas pero conseguimos recoller o tenderete antes de que fora a máis, pero benvida sexa a auga, haber si xa non para e protexemos con elo a natureza dos incendiarios e enchemos os embalses. Con 2 días de verán xa nos chega e o que queira tostarse que vaia a Canarias. Solo hai que ver o contraste entre a primeira foto e a terceira, as dúas feitas no entorno da Uni.

    https://photos.app.goo.gl/3MvnQgHS1prjgQTV8
    Panorama 5.JPG
     
  2. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Viernes e toca saír dar o rule, e sorpresa que voltamos a ver a Cotiña e a Simón de novo despois dunha tempada sen compartir sufrimentos. E a verdade que non se lles viu moito sufrimento, máis ben fixéronnos sufrir o demáis vendo que non torcian o brazo. Quen dende logo tampouco o torce é Juanra do musculado que o leva, menos mal que non é zurdo senón íbamos sospeitar moito.

    https://photos.app.goo.gl/ri7QHocGM6C3TAVZ9

    Panorama 5.JPG
     
  3. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Coma dixo onte a canción de UB40: "Red, red, wine" nos añadímoslle hoxe "Bike and Beer" para completala festa. Foi petit commite pero ruta moi disfrutona cunha nova baixada e outras coñecidas e lembradas hoxe en mellor estado que antes.

    https://photos.app.goo.gl/myu7kSd9b4iJTqtB9
    Panorama 5.JPG
     
  4. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Despois da auga de onte voltamos a pisar pichorcas no monte, unha boa alegría despois de tanto agoreiro pronosticando o fin do mundo pola seca, ademáis eso, pasando sede. Nos por si acaso hidratamos ben a conta do aniversario de Javindio que cumpliu como mándan os cánones non escritos, longa vida a Javindio!!!. Tamén mencionar que o cortado que pasamos a chamar "Cortado das lápidas" cobrouse hoxe outro inquilino a conta de Cotiña, e xa van polo menos 5 (con Bletxu, Jolín, Presi, Rogarpro... seguro que esquenzo algún máis)... e seguro que a cifra irá en aumento.

    https://photos.app.goo.gl/Yh9cNNsJSDczakMLA
    Panorama 1.JPG
     
  5. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Hoxe quedamos reducidos a mínima expresión, houbo que reconducir ao presi que saira por libre para xuntarnos 3 tirando cara a Arteixo onde están a probar un novedoso bus con conducción autónoma. Fixemos unha nova subida no cemiterio de Feáns cunha empinada rampiña para coroar pero co firme moito mellor que a paralela por onde subimos habitualmente. A ruta, logo, algo accidentada despois de que o presi raxara a cuberta cunha pedra, logo cámara e máis pinchos e máis reparacións. Finalmente chegou a destino sen máis novidade, iso sí, a mala leite saíalle hasta de dentro do neumático... ;-(

    https://photos.app.goo.gl/YEvf3sojt6N5Jhzn8
    Panorama 1.JPG
     
  6. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Ruta totalmente competitiva en Carral dentro das federadas, o de levar un chip na bici fai que o personal salga co coitelo entre os dentes disposto a deixalo todo nos sendeiros, asique o de ruta cicloturista queda para uns poucos que seguimos de rular ao noso ritmo sendo o chip de tempos unha carga que hay que transportar. A ruta foi moi variada e dura como xa se preveía vendo o track por donde nos levaban, viuse moito traballo de campo ben feito e unha baixada das labradas a sacho moi divertida. O personal tanto da Organización como dos que lles axudaron de 10. Coas fotos colaborou tamén Manuel.

    https://photos.app.goo.gl/qbocryBYFv1RaLic8

    Panorama 3.JPG
     
    • Me Gusta Me Gusta x 2
  7. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Saída con néboa baixa e húmida que fixo o típico calabobos, ainda así pagou a pena a saída xa que se agradece algo de auga ainda que solo sexa para que non se levante polvo. Avería do Indio despois de moito tempo librando e caida tonta do italiano según a telemetría posterior debido a excesiva presión de neumático dianteiro... os pros a todo se encontran motivo, como dí Manuel: a morralla si caemos, é porque caemos.

    https://photos.app.goo.gl/E7YHyAYMfKuMKSaZ7
    DSC02993pan.JPG
     
  8. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Saída de Venres e pronto a grupeta dividiuse para gozar Rogarpo máis eu dunhos sendeiros chulos metres o resto disfrutaba da fonte de Uxes onde volvimos a xuntarnos. Logo tirando a Zona Oscura para rematar levando a Cheo a desvirgarse pola baixada de Segundo que ainda non habia catado. Esa baixada sempre deixa bo sabor de boca e boa paixase na retina. Bo sabor de boca tamén nos deixa Marta que últimamente nos está mimando demasiado.

    https://photos.app.goo.gl/P64pbWyeydF2PQeCA

    Panorama 7.JPG
     
  9. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Ruta de mércores despedindo o mes de Agosto como se merece, cunha boa ruta e unha boa subida como a nova que fixemos hoxe, algunha baixada tamén houbo para voltar o punto de saída. Pasamos o cortado das lápidas e hoxe sin ningunha caída o que indica que xa lle tomamos a medida. Imos a por Setembro pois.

    https://photos.app.goo.gl/NctoBXJbiz3Eui3g7

    DSC03041.JPG
     
  10. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Iniciamos Setembro e con elo inícianse tamén as clases nos colexios, o personal xa ten ganas de voltar a normalidade e a aula enchéuse, nada menos que 17 no recreo. A ruta tamén estivo a nivel e enlazáronse sendeiros moi chulos nos arredores da cidade quedando un track perfecto incluíndo a subida dos arqueiros para ver como viña o personal de forma. Avería do Indio e menos mal que o presi lle trouxo un gato para levantar a bici. Agardemos que o curso nos depare moitos días coma hoxe.

    https://photos.app.goo.gl/raE9FX3dwEWYXni49

    Panorama 2.JPG
     
  11. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Recorrido de domingo onde Davo quería experimentar subidas imposibles tirando a zona de Orro por onde baixáramos por primeira vez hai uns días, lóxicamente a subida foi a pata invitando a repetir este track pero no outro sentido e haber si o susodicho tamén colle algo de sentido común pois xa se sabía que ninguén subiria ese tramo montado. Descubrimos outra zona queimada recentemente preto de Novo Mesoiro que así nos permitiu facer esa baixada que habia tempo que non pasábamos.

    https://photos.app.goo.gl/HS6A45H3FskYoikc8
    Panorama 6.JPG
     
  12. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Hoxe tirou do pelotón Rogarpo, enlazando boas subidas e mellores baixadas, hasta que, en Suevos, houbo que parar o ritmo pois Simón meteulle un llantazo a roda traseira raxando o neumático, a solución con mechas que durou pouco por monte, asique o mandamos por estrada que fora a por a enfriar as birras. Logo, Juanra tivo un encontronazo cunha pedra, máis ben o seu cambio tivo o encontronazo, partindo a patilla, asique o ritmo parou outro bo cacho. Finalmente acortamos pola depuradora que non era cuestión de facer esperar a Simón.

    https://photos.app.goo.gl/YdoZwBnsTdWD8g8N6
    Panorama 1.JPG
     
  13. sumbeam

    sumbeam Novato

    Registrado:
    28 Jun 2011
    Mensajes:
    8
    Me Gusta recibidos:
    0
    Buenas noches!

    Uno nuevo por aquí que se apuntaría de buena gana a alguna rutilla... Por el momento no demasiado técnica.

    Como las soléis organizar? Hay algún club? o grupo de Telegram?

    Un saludo!

    Enviado desde mi SM-G975F mediante Tapatalk
     
  14. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Hola, nosotros salimos varios días a la semana pero si estás empezando mejor empezar por el principio y buscar gente que esté más o menos en tu nivel para ir progresando poco a poco, si empiezas con un grupo demasiado lejos de tu nivel te vas a desanimar pronto.
     
  15. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    O Luns pasado aproveitando unha viaxe a Madrid dinme un garbeo pola ruta de Genaro e quedou un día completo de btt:

    Fermosa ruta no extremo norte de Madrid visitando a senda de Genaro que rodea o embalse do Atazar. Dada a sequía imperante o embalse encontrábase o 60% contendo uns 250 Hm3 de auga que serve para que beban os madrileños, a paisaxe tamén mostra a falta de auga que temos pois predominan as cores marrón. O track ten algo de todo predominando a pista, fixen unha incursión de ida e volta no tramo diseñado para os sendeiristas e, aunque moito máis técnico que o diseñado para btt é ciclable na maioria. Queda unha ruta moi vistosa pero dado que se alcanzan os 2000 m de acumulado hai que tomala con calma. Decir que se ve o pobo de Patones de Arriba unha aldea que mantén as súas construccións de antaño que foron restauradas. O embalse do Atazar tivo moitos problemas pois no estribo da esquerda tiveron que meter máis formigón que na propia presa de bóveda xa que íbaselles o terreno o ser de pizarras, amén de grietas na propia bóveda que apareceron o enchelo embalse, por todo elo comentáronme que rara vez o deixaban verter abrian antes os desaugues de fondo. Expertos opinaron que fora mellor diseñar unha presa de gravidade mellor que de bóveda... foi a derradeira presa que inaugurou Franco alá polo ano 1972. A ruta non pasa pola presa polo que me acerquei co coche cando a rematei.

    https://photos.app.goo.gl/ghFwXFGoLeWK5pjg8
    Panorama 16.JPG
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
  16. sumbeam

    sumbeam Novato

    Registrado:
    28 Jun 2011
    Mensajes:
    8
    Me Gusta recibidos:
    0
    Buenas noches!

    Pues sí, en eso ando estos días, a ver si encuentro algún grupete o gente que salga de vez en cuando por la zona. Mientras tanto rodando todo lo que puedo para ir cogiendo el ritmo.

    Un saludo!!

    Enviado desde mi SM-G975F mediante Tapatalk
     
  17. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Boa ruta na montaña oriental de Lugo limitando xa con Asturias, e que Fonsagrada nunca defrauda si levas unha boa preparación porque aló os chaos non os coñecen. Organización de 10 coma tódolos anos e o percorrido, co terreno perfecto para rodar, cambiose nun 50% respecto as últimas edicións subindo, este ano, dende a baixada o río tras Airixín, por Rozabragada a Fonsagrada para enlazar logo na ruta larga un novo bucle que nos levou a Pobra de Burón e tras subir o Muradal ata alcanzar o pico de Laguaseca e baixar ao Antigo Hospital Real de peregrinos de Montouto. Dende aló e por medio de un paso aberto a base de sacho en territorio totalmente virxe enlazar con Lladairo e subida, como non, a Fonsagrada. Cea expléndida e moito reparto de agasallos deron por finalizada a ruta con presencia de moita xente coñecida e asidua a esta rúta.

    https://photos.app.goo.gl/cc2p1eFe9DbDzJ3W6
    Panorama 9.JPG
     
    • Me Gusta Me Gusta x 2
  18. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Ruta de venres con novas variantes de sendeiros pero un deles para facer en baixada e non en subida, pois un 40% para arriba non debe ser moi bo para a pataca. Polo resto quedou ben hilvanado o track. O rehidratamento foi doble pois despois da birra veu a auga, e benvida sexa.

    https://photos.app.goo.gl/RWtnXnWjZLUaBKy79
    Panorama 5.JPG
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
  19. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Había xa moitos anos que non coincidía ben para acudir a Laracha a súa marcha de btt asique nada mellor que, entre as variadas opcións que había este finde, acercarnos aló para gozar dos seus sendeiros e corredoiras, e foi un acerto pleno tanto polo trazado o estado do terreno trala auga destes días e incluso meteorolóxicamente portouse de marabilla pois, nin frío, nin calor e nin auga. Moita xente e ruta perfectamete marcada e diseñada para sufrir solamente o necesario. Iso sí eu sufrín algo máis pois collín a roda de dúas lebres que me levaron co gancho toda a mañá. Pero sarna con gusto... Noraboa tamén a Manuel que gañou o trofeo o veterano do día.

    https://photos.app.goo.gl/y2kMAj2JnFcBjNLy8
    Panorama 3.JPG
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
    Última edición: 25 Sep 2022
  20. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    Ruta hoxe con amenaza de choiva pero salvo unha barrallada o final libramos, pero xústamente ahí Manuel aprendeu que hai que entrenar a técnica de poñerse o chuvasqueiro pois no Trastero fanno máis rápido que os de formula 1 cambiando gomas nas paradas en boxes. Polo resto boa ruta con terreno en boas condicións excepto un tramo onde os amigos madeiristas fixeron o que saben facer ben: estragar os sendeiros pois non costaba tanto retirar a ramallada una vez finalizada a súa tarefa. Ahí tamén vimos onde as eléctricas penalizan. Finalmente aclaramos no VAR que non houbo bucle ainda que a algún seguro que lle saiu.

    https://photos.app.goo.gl/M9oW4ab9HKqNSxqV7

    Panorama 3.JPG
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1

Compartir esta página