Castros de Ribeiras do Lea - de Viladonga - de Rei - Meira - Rozas (14/12/2018)

Tema en 'Galicia' iniciado por JOLIN, 16 Dic 2018.

  1. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    O Venres pasado tocou a segunda parte da ruta da zona de Meira-Ribeira de Piquín e que deixamos na primeira embestida. O ir a zona de novo refixemos o bucle aproveitando o día enteiro e coñecer, aparte do impresionante Castro de Viladonga, os pobos da zona que levan o mesmo referente de castros e, tamén, o aeroporto de Rozas coas instalacións recentemente ampliadas como factoría de droms.

    Ruta que ainda sendo pola terra chá ten os sube-baixa doutras zonas, superando os 1300 m de acumulado total. A sorpresa foi en Viladonga que siguen a excavar e charlamos co arqueólogo Miguel Ángel López que foi quen descubriu estes días un alxibe construido no século III antes de Cristo sinal de que alí había castrexos anteriores as construccións posteriores que xa son da época romana.

    Grazas a Xirifo pola compañía e os kiwis, ricos, ricos. E rica tamén a empanada de Meira, un manxar.

    https://photos.app.goo.gl/Cc5MAa3d1F5eBfV88

    [​IMG]
     
    • Me Gusta Me Gusta x 2
  2. trashorras

    trashorras Miembro Reconocido

    Registrado:
    9 Sep 2014
    Mensajes:
    1.050
    Me Gusta recibidos:
    452
    Ubicación:
    Galicia
    Un pequeniño apunte.... o pobo chámase Castro de Ribeiras do Lea, non castros....igual que Castro De Rei ... , fixéstedes a Ruta do Azúmara imaxino??, se non a fixéstedes tedes que volver...:rolleyes:
     
    Última edición: 24 Dic 2018
  3. JOLIN

    JOLIN Miembro Reconocido

    Registrado:
    1 Jun 2005
    Mensajes:
    3.872
    Me Gusta recibidos:
    2.285
    Ubicación:
    A CORUÑA
    A ruta do Azúmara, como se ve na reportaxe de fotos, si que a fixemos, xunto o Castro de Viladonga era o interés que tíñamos o diseñar esta ruta. Os sendeiros están moi fermosos e ben sinalizados.

    O nome de castros foi intencionado debido o prolixo que son nesa zona xa que o término se repite con moita frecuencia, sinal de que estivo cheo de antiguos restos castrexos. Por certo que nos sorprendeu a puxanza que ten Castro Ribeiras do Lea fronte a capitalidade do concello que é Castro de Rei, quedaron ganas de ir un día de feira sin bicis a saborear o polvo a feira autentica. :D

    O enlace ao track en wikiloc:

    https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/castros-do-lea-de-rei-de-viladonga-meira-rozas-31423028

    Para coñecela zona é un percorrido perfecto. Grazas polo apunte.
     

Compartir esta página