III Ruta da Troita Concello de Oroso

Tema en 'Galicia' iniciado por cachimba62, 15 Abr 2016.

  1. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso
    “Información sobre a Troita 2016”

    Moi boas a todos amig@s,

    Fai un par de días que algúns compañeiros do club fixeron por primeira vez o percorrido completo desta terceira edición da BTT da Troita, 44/45 quilómetros dependendo do GPS utilizado pero máis ou menos ahí estamos, en torno ós 45 quilómetros, cun desnivel positivo acumulado de uns 800 metros e unha cota máxima de 370 metros de altitude, o punto máis alto da ruta, o Monte dos Curros, na Lobeira Alta. A ruta é sinxelamente espectacular, non moi técnica e totalmente “ciclable”, 3,5 quilómetros de asfalto (as transicións) e o resto camiños e corredoiras, moito monte. Dito polos “testbiker” a subida das bugalleiras promete, curta pero intensa e algo rota.

    A saída e chegada, en principio será no mesmo lugar ca do ano pasado, nas mañíficas instalacións da piscina municipal, coas duchas e o lavado de bicis a carón das zonas de esparcemento para os ciclistas. O dito, animádevos a inscribiros porque o divertimento está asegurado e merece o madrugón o poder gozar destas paisaxes do interior da provincia. Non temos praias, nin rías, nin costas escarpadas, aquí temos carballeiras, corredoiras, castros, muíños, ríos e moitas ganas e ilusión de facervos pasar un día de aventura nestas terras. En definitiva, unha ruta para disfrutala, e o mellor na chegada, paella e cervexa fresca de barril.

    Inscriciósn en troita3.galitiming.com

    C.C. Tambre Bike
    Saúde, lume e fume neghro!!
     
  2. taravelo

    taravelo Novato

    Registrado:
    15 Abr 2016
    Mensajes:
    2
    Me Gusta recibidos:
    0
    hay estaremos
    e logo e moi dura ou e levadeira...........................porque estou moi froxo
     
  3. taravelo

    taravelo Novato

    Registrado:
    15 Abr 2016
    Mensajes:
    2
    Me Gusta recibidos:
    0
    eu tiña pensado ir o sabado e quedar a dormir por esa zona
    donde me recomendades?
     
  4. san76

    san76 Miembro

    Registrado:
    23 Oct 2009
    Mensajes:
    643
    Me Gusta recibidos:
    0
    Ubicación:
    coiro city
    fecha ? precio inscripción?
     
  5. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso

  6. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso
    para dormir tes un Hotel mismo no centro de Sigueiro ou si non na carretera direccion a Ordes ai outro esta como a 3km de Sigueiro
     
  7. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso
    [​IMG]
    Tambre Bike
    12 de abril a las 13:53 ·
    “III Marcha BTT da Troita (Ruta das Bugalleiras)”

    Moi boas a tod@s,

    Se mesturamos nunha cunca a primeira ruta da Troita, “Ruta das Lobeiras” coa segunda edición, “Ruta dos Regos”, sáenos unha nova edición coa esencia das dúas primeiras á que nós lle puxemos “Ruta das Bugalleiras”. O cerne desta, xa consolidada, marcha cicloturista está na enorme riqueza paisaxística pola que transcorren os camiños que a compoñen. A tarefa de atopar camiños e corredoiras dos de antes, non é doada xa que o progreso, tamén necesario, converteu os vellos camiños en anchas e lustrosas pistas da concentración parcelaria.

    Como vos dicía, a edición deste ano é unha mestura das dúas anteriores, na que recuperamos parte do percorrido das Lobeiras pola máxica zona do lugar de Porto, onde o camiño transcorre a carón das carballeiras que flanquean a estreita ringleira que fai de “single track”. Pero tamén volvemos a uns dos treitos que na pasada edición fixeron as delicias dos bikers máis técnicos, coa baixada pola empinada carballeira das “Moradiñas”. Subirase este ano, de novo, a costa da Igrexa de Numide, o “Monte Liñariño” que na metade da ruta marcará un antes e un despois nas forzas dos ciclistas. Sairase da zona das Lobeiras a carón da aldea de Paradela, aínda no concello de Tordoia, para encarar o “Castro de Abongo” e de aquí serpear polas carballeiras do “Rego da Fonte” que nos levarán ata o inicio do Monte das Bugalleiras, que da nome a esta terceira edición. A subida a este monte non é moi longa, pero é intensa e rota nos seus primeiros 50 metros. Coas forzas case esgotadas, os ciclistas farán un penúltimo esforzo antes de encarar terreos máis doados no regreso a Sigüeiro.

    A saída, este ano decidimos que fose en sentido inverso á chegada da ruta longa do ano pasado. Un percorrido extraordinario que algúns dos participantes non puideron completalo ó elixir a versión curta da marcha. Nesta ocasión poñémola ó comezo para que todos teñades a oportunidade de transitar a emblemática zona dos “Muíños da Ermida”.

    Agardamos que este percorrido que vos temos preparado para esta terceira edición, case para tódolos públicos, sexa do voso agrado e que gocedes da enorme riqueza paisaxística dos catro concellos que percorre esta ruta. A nosa primeira intención é que veñades a estas terras a divertirvos e a facer un pouco de deporte, non aspiramos a facer a ruta máis longa nin a máis dura de todas cantas se fan, aspiramos a facer unha das máis divertidas. Oroso, Ordes, Trazo e Tordoia, as súas xentes e os seus camiños danvos a benvida a esta III Marcha BTT da Troita con saída e chegada na localidade de Sigüeiro. Marcha non competitiva para a que a finais desta semana estará aberta a pasarela de inscrición en galitiming.com, ó módico prezo de 10 euros por participante que dará dereito a dous avituallamentos, un en ruta e outro na chegada, duchas e lavado de bicis. Haberá un límite de 300 inscritos.

    Nos vindeiros días seguiremos informando e comentándovos como van os preparativos desta fermosa ruta que dende xa, animámosvos a que veñades a pasar unha divertida mañá de domingo con todos nós. Incluso sería unha boa oportunidade para que traiades ás vosas familias e amigos cos que despois de pedalear poderedes degustar as excelencias gastronómicas da comarca en calquera dos restaurantes que temos na zona.

    Saúde, lume e fume neghro!
    C
     
  8. PEDALINI

    PEDALINI CLIMAWORK

    Registrado:
    11 Oct 2009
    Mensajes:
    2.142
    Me Gusta recibidos:
    739
    Ubicación:
    CORUÑA
    Intentaremos acompañaros unos cuantos Trasteriles !!!!

    Nos vemos
     
  9. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso
    Xa vai quedando menos

    troita3.galitiming.com
     
  10. PEDALINI

    PEDALINI CLIMAWORK

    Registrado:
    11 Oct 2009
    Mensajes:
    2.142
    Me Gusta recibidos:
    739
    Ubicación:
    CORUÑA
    Inscrito.............deseando rodar por esos single track !!!!

    Nos vemos
     
  11. team27

    team27 Miembro activo

    Registrado:
    16 Abr 2012
    Mensajes:
    954
    Me Gusta recibidos:
    66
    Ubicación:
    Base Almeiras
    +1+1
     
  12. Bolo61

    Bolo61 Miembro Reconocido

    Registrado:
    19 Sep 2011
    Mensajes:
    2.100
    Me Gusta recibidos:
    375
    Ubicación:
    Coruña, los rosales
    Strava:
    Otro trsteril más.
    A esta hay que ir...
    Aunque solo sea por las truchas
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
  13. artabron

    artabron Miembro Reconocido

    Registrado:
    7 Nov 2013
    Mensajes:
    230
    Me Gusta recibidos:
    535
    Los abueletes nunca pedalean solos...

    .
     
  14. team27

    team27 Miembro activo

    Registrado:
    16 Abr 2012
    Mensajes:
    954
    Me Gusta recibidos:
    66
    Ubicación:
    Base Almeiras
    abueletes dice miguel....cualquiera se fia de ti anda anda....que vas sobrao...y el bolo otro que tal baila...xd xd
     
  15. bonziet

    bonziet Miembro Reconocido

    Registrado:
    3 Jun 2012
    Mensajes:
    981
    Me Gusta recibidos:
    464
    Ahí estaremos!
     
  16. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso
    Tarde gris na BTT da Troita “Ruta das Bugalleiras”

    Moi boas a tod@s,

    Hoxe, nesta tarde gris de sábado os TambreBike estivemos facendo prácticas coas legoñas, as fouces, as serras, as puntas e os martelos. Dúas cuadrillas, de seis membros cada unha, achegámonos ata eses puntos do percorrido que precisaban un chisco de mantemento. Restauramos a pontella do Carboeiro e ancheamos o single track dos Muíños da Ermida. Despois de preparar eses puntos dos primeiros quilómetros da ruta marchamos ata a Parroquia de Numide, no termo de Tordoia, e limpamos os single track da Chousa Vella, nas Lobeiras baixas, e o da carricova das Moradiñas.

    Catro horas de traballo, pero agora xa está case todo listo para o vindeiro domingo, data para a que se confirma case con seguridade que o bo tempo deixaranos gozar dun día de bici espléndido. Así que xa sabedes, vide ata Sigüeiro a pedalear con nós e ó remate do percorrido estaranvos esperando a paella e as cervexas. Ánimo, xa sodes un cento de inscritos e temos que seguir sumando porque a ruta que vos temos preparada meréceo.

    C.C. Tambre Bike
    Saúde, lume e fume neghro!!

    troita3.galitiming.com
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
  17. cachimba62

    cachimba62 Miembro

    Registrado:
    23 Abr 2009
    Mensajes:
    32
    Me Gusta recibidos:
    4
    Ubicación:
    Sigueiro - Oroso
    13096236_487671298109074_592881910210664358_n.jpg 13139371_487671291442408_854875666605372056_n.jpg
     
    • Me Gusta Me Gusta x 1
  18. PEDALINI

    PEDALINI CLIMAWORK

    Registrado:
    11 Oct 2009
    Mensajes:
    2.142
    Me Gusta recibidos:
    739
    Ubicación:
    CORUÑA
    Hola !!!!

    Pondréis por aquí el track ???

    Nos vemos
     
  19. team27

    team27 Miembro activo

    Registrado:
    16 Abr 2012
    Mensajes:
    954
    Me Gusta recibidos:
    66
    Ubicación:
    Base Almeiras
    a saber suso donde pondran y cuando el track...es una moda que pillaron ahora con poner a ultima hora el track y asi estamos pendientes...como el sabado por la tarde no hay mas que hacer....pero a estos de ultima hora con el track...posiblemente a mi ire...si me va bien...es que tanta historia y tanto secretisimo....pero claro se pensaran que no tenemos nada que hacer los sabados....en oza hicieron lo mismo....xd...que misterio.......yo particularmente tengo una cena hoy....y cuando venga a la noche pues ya enciendo pc y cargo ruta gracias rapaces.....
     
  20. PEDALINI

    PEDALINI CLIMAWORK

    Registrado:
    11 Oct 2009
    Mensajes:
    2.142
    Me Gusta recibidos:
    739
    Ubicación:
    CORUÑA
    José lo puedes descargar en wikiloc " TROITA 16".

    Nos vemos
     

Compartir esta página